"O paisaxe é como tódolos de Galicia, variado e hermoso por demasía: por un lado estensos lameiros de verde trébol, no cal apacentan os brancos carneiros; polo outro, soutos de castiñeiros e espesas alboredas mezcradas con medrosos piñeirales e frondosas viñas, e aló ó lonxe e prateado Miño misturando seus rumores cos do Barbaña, Loña e outra infinidá de regueiros que desatándose en innumerabres barazas, xa correndo mansamente en campos de cheirosas froles, ou xa lanzándose de laxa en laxa formando bulideiras cascadas que botan por doquer copos de espuma somellando brancas bolboretas, ou coas trasparentes gotas de auga salpicando as marelas froles da espadana, coroa de brilantes."
Heraclio Pérez Placer.“Os dous bicos”. Publicado en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 185, páxs. 1-2 (19/6/1887). Recollido, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer,
edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada,
editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 537-545.
No hay comentarios:
Publicar un comentario