sábado, 31 de diciembre de 2016

Os bicos e as palabras dos dous amantes

"-Si ó castelo... porque eu non son xudío; eu son o fillo dos condes das Curuxeiras e do castelo dese nome que está en Zaín... Un día namoreime de ti e como sabía que non me habías querer, finxinme xudío... Pro hoxe, hoxe que te veño buscar, quero que sepias o que sabrías antes si as circunstancias non o impedisen. (...)

  Estonces foi cando comprendeu o peligro horroroso e inevitabre, e cheo de desesperación pideu socorro. Achábase no Barrocás.

  Hoxe onde solo se ven cenagosos lameiros atravesados por un pequeno regato, había noutros tempos unha lagorza de barro tan brando, que calquera cabeza de gando que atraído pola fresca herba, se metese alí, fundíase e quedaba atuado.

  Dempois, ou fose porque aquel rego topase salida ou por outra casusa calquera, o terreo foise endurecendo e poñéndose como está hoxe.

  Pois ben, alí foi onde o cabalo de Ifraín se meteu, quedando atuado astra as cinchas. (...)

  Estonces foi cando apareceu Ismael, que ó ver á que máis amaba nos brazos doutro, cheo de celos e ansioso de venganzas, olvidando o peligro que corría, lanzouse ó pantano pra separar ós dous amantes, pro desapareceu no movedizo chan ó mesmo tempo que este cobría a Ifraín e Lía.

  Hoxe cando os labregos oien soar o vento nas Caracochas, din que é Ismael que brúa coa rábea, e no marmurio dos regos e no parolar dos álbores creen ouvir os bicos e as palabras dos dous amantes."

Heraclio Pérez Placer.Os dous bicos. Publicado en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 185, páxs. 1-2 (19/6/1887). Recollido, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 537-545.

viernes, 30 de diciembre de 2016

Nos tempos dos mouros

"E por cima deste cadro máxico e sorprendente, álzase o pequeno pobo de Santa Mariña do Monte, antigua vila convertida hoxe nun fato de casas derrangadas, nas que se acollen unhos cantos míseros labregos.

  Mesmo no medio do pobo, frente ó cruceiro que indica as dúas carreiras que van dar, unha á fonte do Chan e outra á Veiga, rodeada por anchas paredes derruídas, nas que inda se ven molduras e entallados, hai unha chouza ameazando ruína.

  Nada ofrece de notabre; solo a súa porta en forma de ferradura e unha inscriución árabe riba da ventana, indican que foi feita nos tempos dos mouros.

  En efeuto; pertence ó antiguo palacio dun rico xudío chamado Ismael.

  Xa facía moito tempo que os mouros foran botados destas feitizadas montañas, dempois de deixar a Ourense e ós pobos comarcanos todos arrasados, cando socedeu a triste historia que vamos a relatar sin lle quitar nin lle poñer nada de tal e como socedeu."

Heraclio Pérez Placer.Os dous bicos. Publicado en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 185, páxs. 1-2 (19/6/1887). Recollido, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 537-545.

jueves, 29 de diciembre de 2016

Aló ó lonxe

"O paisaxe é como tódolos de Galicia, variado e hermoso por demasía: por un lado estensos lameiros de verde trébol, no cal apacentan os brancos carneiros; polo outro, soutos de castiñeiros e espesas alboredas mezcradas con medrosos piñeirales e frondosas viñas, e aló ó lonxe e prateado Miño misturando seus rumores cos do Barbaña, Loña e outra infinidá de regueiros que desatándose en innumerabres barazas, xa correndo mansamente en campos de cheirosas froles, ou xa lanzándose de laxa en laxa formando bulideiras cascadas que botan por doquer copos de espuma somellando brancas bolboretas, ou coas trasparentes gotas de auga salpicando as marelas froles da espadana, coroa de brilantes."

Heraclio Pérez Placer.Os dous bicos. Publicado en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 185, páxs. 1-2 (19/6/1887). Recollido, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 537-545.

miércoles, 28 de diciembre de 2016

"As campanas d´a Trinidá"



Heraclio Pérez Placer. "As campanas d´a Trinidá". O Tío Marcos da Portela, Parrafeo 182, Ourense, 29 de maio de 1887, páx. 4

viernes, 23 de diciembre de 2016

A curuxa chirlaba, a neve caía

"As folepas da neve mainas caíndo, parescía que eran os anxeliños que se entretiñan en botar por un anaco do ceo xazmís a rapañota.

A curuxa chirlaba aguniante e o Miño bramaba imponente.

Todo estaba deserto, solo ó pé do cruceiro da Ponte estaba unha muller que xumiaba, e alá baixo os arcos cantaba de vez en cando un borracho.

- (...) Viñen tola, toliña a Ourense en busca da pretendida riqueza, e tras meu amor... ¡Ai!... que vergonza... que vergonza, Señor... pero eu non tiven culpa... non... aquela noite, noite maldita que saín da casa... eu corría... corría cal toura que o lobo escorrente... astra que sin saber cómo cheguei a Ourense... ¡ah!... que frío faguía... nevaba... nevaba como hoxe... (...) ¡Ah! ¡maldita, maldita noite aquela!... Cando sanei da febre e me alcontrei naquela casa, naquela casa do pecado... pro ¿pra que seguir? Dempois toda, toda a escala do deshonor corrín... ¡toda... toda!... ¡Qué vida! ¡Qué vida aquela de desprecios e ultraxes!...de vergonzas e bágoas... (...)

Dempois todo quedou en silenzo.

A curuxa chirlaba, a neve caía, o Miño rebramaba, e aló, baixo os arcos da Ponte, cantaba enronquecido o borracho:
 "Díxenche un día, rapaza,
que nunca te olvidaría...
Nas palabriñas dos homes,
rapaza ¡quen se che fía!..."

Heraclio Pérez Placer.“Pepa” (Un conto con moita historia). Publicado en dúas entregas en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 148, páxs. 5-6 (3/10/1886) e Parrafeo 149, páxs. 1-3 (10/10/1886). Recuperado, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 527-534

jueves, 22 de diciembre de 2016

-Cala, cala graxo

"Pasou o tempo. Dende aquela noite, D. Eladio cada vez que saía dirixía sin podelo remediar os pasos cara á serra de Madrosende, e pronto el e a Pepa non tardaron en estreitar aquela especie de amistá, que andando o tempo non tardou en convertirse en amor, e aínda menos tardaron seus ardorosos lábeos en buscarse ás furtadelas. Era unha tardiña; sentados riba dun penedo Pepa e D. Elaldio, miraban como o gando depinicaba os gromos das azaias e trincaba queiroas e cardos. D. Eladio xogaba coa negra crencha de Pepa, que rindo mordiscaba póutegas.

  -Pepa -dicíalle D. Eladio pasándolle as maus pola cintura- xa é tempo de que me des unha proba do teu amor... eu por ti non vivo nin asosego, nin...

  -Cala, cala graxo -contestoulle a Pepa rindo-. Eu son unha tola en che faguer caso..."

Heraclio Pérez Placer.“Pepa” (Un conto con moita historia). Publicado en dúas entregas en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 148, páxs. 5-6 (3/10/1886) e Parrafeo 149, páxs. 1-3 (10/10/1886). Recuperado, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 527-534

miércoles, 21 de diciembre de 2016

Maino e confuso murmullo

"A súa zabena e esfarangallada saia ensinaba unhas pernas cuase astra a rodela, que a pesar de estar curtidas polo traballo e a xiada, daba ganas de apreixalas, e polas rendixelas do roto xustillo e do refaixo, víanse ás veces raxas de branca carne que faguían brincar o corazón e corre-la sangue ás vorcalladas.

Era unha tarde; o sol poñéndose tralas montanas, paresce que loitaba por desprender a súa dourada crencha dos lazos que as froles e os espiños lle habían formado con amor; os paxaros apoleirados nas silveiras dispúñanse a dormir, e alá lonxe, cal pombiña deitada en froles, víase a Ourense, da que se desprendía maino e confuso murmullo, misturado co acento das campás da ermida, que ás oraciós tocaban."

Heraclio Pérez Placer.“Pepa” (Un conto con moita historia). Publicado en dúas entregas en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 148, páxs. 5-6 (3/10/1886) e Parrafeo 149, páxs. 1-3 (10/10/1886). Recuperado, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 527-534

martes, 20 de diciembre de 2016

Un fato de malas e derrengadas chouzas

"Por riba de Cudeiro, entre Vilarmar e Gustei, amontoánse ó redor da eremida de San Benito das Tres un fato de malas e derrengadas chouzas, cuio pobo recibe o nome de Sartedegos.

Nada máis triste e melánconico.

Baixo un ceo de promizas nubes, tan rentes que parecen tocarse coas maus, cercado por todas partes de altos petoutos e escarpadas serras, entre as cales se van anacos de arregueado millo, ofrece un cadro que impón.

Nun rincón deste pobo e na máis mala casa, si algunha boa se lle pode chamar, cuberta con palla de centeo e chea de rendixelas, polas que o vento e a chuvia entra como pola súa casa, vivía fai anos unha rapaza chamada Pepa."

Heraclio Pérez Placer.“Pepa” (Un conto con moita historia). Publicado en dúas entregas en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 148, páxs. 5-6 (3/10/1886) e Parrafeo 149, páxs. 1-3 (10/10/1886). Recuperado, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada, editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 527-534

sábado, 17 de diciembre de 2016

Orense (IV)

Heraclio Pérez Placer. "Orense", El Ciclón, nº114, 12 de decembro de 1885, Compostela, páxs. 3-4  
(Publicado tamén, o mes seguinte, en El Eco de Galicia da Habana, nº186, 17/1/1886)




viernes, 16 de diciembre de 2016

Orense (III)

Heraclio Pérez Placer. "Orense", El Ciclón, nº114, 12 de decembro de 1885, Compostela, páxs. 3-4  
(Publicado tamén, o mes seguinte, en El Eco de Galicia da Habana, nº186, 17/1/1886)

jueves, 15 de diciembre de 2016

Orense (II)

Heraclio Pérez Placer. "Orense", El Ciclón, nº114, 12 de decembro de 1885, Compostela, páxs. 3-4  
(Publicado tamén, o mes seguinte, en El Eco de Galicia da Habana, nº186, 17/1/1886)

miércoles, 14 de diciembre de 2016

Orense (I)

Heraclio Pérez Placer. "Orense", El Ciclón, nº114, 12 de decembro de 1885, Compostela, páxs. 3-4  
(Publicado tamén, o mes seguinte, en El Eco de Galicia da Habana, nº186, 17/1/1886)

martes, 13 de diciembre de 2016

"Rica escarcha entre flores de granado"

Heraclio Pérez Placer. "Rica escarcha entre flores de granado". El Ciclón, nº114, Compostela, 12 de decembro de 1885, páx. 3

lunes, 12 de diciembre de 2016

"Son tus ojos azules..."

Heraclio Pérez Placer, "Son tus ojos azules...". El Ciclón, nº113, Compostela, 5 de decembro de 1885, páx.4

domingo, 11 de diciembre de 2016

"La Hoja Literaria" del Ideal Gallego. A Coruña, 1922



-nº1669, 31/12/1922: “O violín encantado”. Publicado en Contos da terriña (1895) e 
reproducido en  “El Regional” o 3 de xuño de 1896 e na revista “A Nosa Terra”, nº 47,
 o 22 de xullo de 1908. Incluído tamén na obra Literatura Gallega de Uxío Carré Aldao, 
Barcelona, 1911, p.453-456.

sábado, 10 de diciembre de 2016

"Follas Novas", A Habana, 1905


El Regional, nº 4603
-  nº 415, o 14 de maio de 1905: “Rapañotas de xazmís”, publicado previamente en Contos 
da terriña (1895); e posteriormente na revista “El Regional”, nº 4603, 11 de xaneiro de 1896; e en  
Veira do Lar (1901).

viernes, 9 de diciembre de 2016

"El Eco de Galicia", Bos Aires, 1895-1904



-nº125, 10/4/1895: “O emigrado”, publicado previamente en Contos da terriña (1895), 
e en Veira do Lar (1901), ademais na  “Revista Gallega”, nº 435, 1903.

-nº 312, 20/6/1900: “Cereixas”; publicado previamente en Contos da terriña (1895) e tamén 
en “Revista Gallega”, nº 254, 21/1/1900.

-nº 367, 30/12/1901: “¡Suicida”, publicado previamente en Contos da terriña (1895) e na 
“Revista Gallega”, nº 279, 22/7/1900; e posteriormente na Revista “A Nosa Terra”, no 1908.

-nº 377, 10/4/1902: “A bo zorro, mellor can”, publicado previamente en Contos da terriña (1895) 
e tamén en Veira do Lar (1901).

-nº 432, 20/10/1903: “Pitirroxos”, publicado previamente en Contos da terriña (1895),
 e posteriormente en “Revista Gallega” nº 246, 1899; e no libro  Veira do Lar (1901).
 Incluído tamén na obra Literatura Gallega de Uxío Carré Aldao, Barcelona, 1911.

- nº448, 30/3/1904: “Cóxegas” Publicado previamente en Contos, lendas e tradiciós (1891) 
e en Veira do Lar (1901). Ademais  inclúese no volumen Prosa Galega I. Desde os primeiros
 oitocentistas ao Grupo Nós, de Ricardo Carvalho Calero, Galaxia, 1976.

- nº449, 10/4/1904: “Niño desfeito” ” Publicado previamente en Contos, lendas e tradiciós (189) 
 e en Veira do Lar (1901). No ano 1993 aparecerá na Antoloxía da literatura fantástica en lingua
 galega, feita por Antón Risco, ed. Galaxia.

-nº455, 10/6/1904: “A pior cuña…” Publicado previamente en Veira do Lar (1901), e
posteriormente na “Revista Gallega”, nº 537, 1905.
 

jueves, 8 de diciembre de 2016

"La Tierra Gallega", A Habana, 1895



-nº 64, 7 de abril de 1895: “Chinita, publicado ese mesmo ano en Contos da terriña (1895), 
 e posteriormente en “A Nosa Terra”, nº 60, o 27 de outubro de 1908.

miércoles, 7 de diciembre de 2016

"El Eco de Galicia", A Habana, 1886.

-nº186, 17 de xaneiro de 1886: “Orense”, publicado o mes anterior no xornal “El Ciclón” 
de Compostela, nº114, 12/12/1885.

-nº208, 20 de xuño de 1886: “Mi Galicia”. Publicado posteriormente na “Revista Gallega”, 
 nº 503, 5/11/1904 

martes, 6 de diciembre de 2016

"Ilustración Gallega: revista de literatura, ciencias y salones" Vigo, 1911-1912

 


-nº 13, 15 de diciembre de 1911: “Fuente de lágrimas”

                     -nº 24, 10 de xullo de 1912:“Prenda de amor”