"Helena estaba empeñada en irmos tragar kalimotoxos con licor de amora ao Tytadine, pero negueime con rotundidade de pai insubornable. Un encontro cos incendiarios podía ser fatal. Suxerinlle o RockClub e aceptou de bo grado e moi submisa, disposta como estaba a acceder a todos os meus desexos para que esquecese o episodio do carro malogrado.
Abandonárame completamente a razón.
(...) Apenas ficaba xente no local, mais a festa non tiña trazas de rematar así como así. Helena fumaba moi concentrada e eu sentía que o interrogatorio debía cambiar de bando. Soaba algo dos Stooges."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.139-141
No hay comentarios:
Publicar un comentario