"Helena bocexou con todo luxo de detalles. Era hora de marchar. Cando saímos, a noite deixaba xa de escorregar polas ribeiras do Barbaña, dando paso ás primeiras luces da mañá.
- Ou sexa, que me queres- dixen fronte á igrexa de Fátima.
- Si. Pero non cho vou repetir máis. En canto unha tía se sincera un pouco, os tíos sempre pensades que tendes o camiño feito."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.143
No hay comentarios:
Publicar un comentario