"Non houbo resposta. Sentíame coma case sempre e coma cando non estaba borracho: baixo mínimos. (...) A noite do RockClub transformárase nun retallo co que debía apandar, un estudado axuste de contas no cal nada era o que parecía, pero que os dous necesitabamos coma un cravo ardendo ao que agarrarnos miserablemente. Marina solucionárame moito frío futuro cun irreflexivo estrambote, mais o agasallo viña envolto nunhas contraindicacións insufribles.
Pedín un café con gotas para celebrar a retirada definitiva. (...)
A esas horas da mañá -era case mediodía- o Condal tiña costume de converterse nunha concentración de altos funcionarios satisfeitos."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.166-167
No hay comentarios:
Publicar un comentario