"Atopáronse unha desas tardes ardentes, abafantes, do estío ourensán: el ía pola conca do case seco regato perseguindo un merlo troiteiro que ferira coa escopeta; ela, créndose soa baixo o túnel de ameneiros e sanguiños que medraban na ribeira, xogaba cuns parruliños novos, espida ata ás nádegas, solto o xustillo, descubertos os brancos peitos, batuxando na auga coma unha rapaciña fuxida da escola. Os dous puxéronse máis vermellos cós morodos: ela, de vergonza; el, de desexo. Os labios non falaron: os corazóns berraban; a fatalidade riuse."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Paraíso", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.121
No hay comentarios:
Publicar un comentario