"A Seivane metéranlle tres balas na cacheira cunha automática do calibre nove milímetros Parabéllum. Ata aí todo resultaba habitual: a conta acrecentaba. Tamén botaban a partida as lamentacións, a resignación xeneralizada e unha literaria sensación de fatalismo histórico que non recollían os mapas políticos. Mais naquela ocasión, o cadáver da última vítima aparecera de madrugada nas ribeiras do Miño, baixo un dos arcos da Ponte Vella, escangallado entre unhas rochas. Iso xa non encaixaba no cisco establecido."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 10
No hay comentarios:
Publicar un comentario