"A primeira calada, xa co cerebro máis clarexado, retrotraeume á madrugada pasada e pensei que a miña espesura mental podía recuar sen esforzos, mais non foi así. Só lembraba ter visto a Marina no RockClub, invitala a varias copas e falar polos cóbados de cuestións intrascendentes."
miércoles, 30 de septiembre de 2015
martes, 29 de septiembre de 2015
Escangallado entre unhas rochas
"A Seivane metéranlle tres balas na cacheira cunha automática do calibre nove milímetros Parabéllum. Ata aí todo resultaba habitual: a conta acrecentaba. Tamén botaban a partida as lamentacións, a resignación xeneralizada e unha literaria sensación de fatalismo histórico que non recollían os mapas políticos. Mais naquela ocasión, o cadáver da última vítima aparecera de madrugada nas ribeiras do Miño, baixo un dos arcos da Ponte Vella, escangallado entre unhas rochas. Iso xa non encaixaba no cisco establecido."
Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx. 10
lunes, 28 de septiembre de 2015
Nota Preliminar
"A presente edición facsimilar de Beira o Barbaña está feita a partir da única edición que de tal título coñecemos: a que no ano 1894 sacou, como folletón, El Derecho. Os exemplares que de tal xornal nós manexamos, pertencen á colección que do mesmo se garda na biblioteca do mosteiro de Poio."
Francisco Álvarez de Nóvoa, Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Páx.CLIII da Introducción de Jorge Martínez Jiménez
domingo, 27 de septiembre de 2015
Beira d´o rio
"Cicais un dia ó topar esta coleuceon de paisaxes os lembres un á un... Son aqueles mismos que ch´eu describia aquelas tardes prácidas cando xuntos, collidos d´as maus, paseabamos baix´os avellanos pé d´o rio buscando eu paisaxes pintados n-o fondo d´a y-alma, escollendo aqueles...
(...) Os lostregos roxizos sanguentos rasgaban as nubes riba nos espallando luces branquecinas, vocadas roxas que centelleaban n-o rio, rayaban os troncos, pintigaban as follas...
(...) Á vista d´aquela cruceciña onde xuraras amor, mirando aquil arbre que cobixara á nosa dicha d´un vrau (...) aquela dicha que sentiamos ó falarnos de tu, os planos dibuxados n-area d´a nosa casiña, beira d´o rio..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "A unha muller", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.68-70-73
sábado, 26 de septiembre de 2015
Beira d´a Ponte
"Beira d´a Ponte xúntaselle ó Barbaña, é vai rubindo... rubindo, facendo couro c-o seu incesante barbullar as cántigas d´as lavandeiras y-os asubios d´o martín-peixeiro, pra esconderse despois n-unha pequena horta rebuxada entre mirtos é cinamomos, ameneiros é avellanos, parrales é froitales sombrizando un desbordamento de froles que embalsaman ó aire de cheiros qu´enlouquecen de perfumes que fan voar á imaxinación desgarrando fibras..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Galicia!", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.65-66
viernes, 25 de septiembre de 2015
Ven de roubar ouro
"E ó Miño; ven de roubar ouro d´o Sil pra mercar paisaxes que convirtan seu Ourense n-a reina dos paisaxes... Mercoulle rios sempre cubertos de xigantesca techumbre d´esmeralda, prados cubertos de froles é perfumes, soutos escondidos, donde á bris conta ó sospirar n-as follas, cántigas d-amores, dóces tenrisimos coma os seus sospiros, piñeirales pra soñar escoitando queixumes, curutos xigantescos pra verse un pequeno n-o medio d´o conxunto, manchós de viña feitos de convulsas cobras medio encubertas con racimos d´ouro é brochazos verdes, torrentes de morogos, ameneiros é silvardes de doas tan lonxas coma os labeos d´as rapazas, é perfumes de rosas, xazmís e madreselva que fan d´a terra cheirante bucaro pra ll´ofrecer á un ceo sempre limpo, brilante sempre, cooreado por un sol que paresce n-o ceo xigant´esfera de ouro traida pol-o Miño, é redondeada á forza de bicar douradas guixas."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Galicia!", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.64
jueves, 24 de septiembre de 2015
Malicioso graxo que se ri n-os muelles
"A bahía, feita de cadradiños de coores ó cabrilleo d´as augas d´esfarrapadas siluetas de xeitosos buques, tranquio albergue de carrizos é gaviotas, haros é mascatos, malicioso graxo que se ri n-os muelles oubindo á sarten é comparse n-as puxas é caloteos ó chegar as minuetas encheitas de bulinte peixe.
A Marola, Monte-Ventoso, ó Prioriño embozado sempre n-a grisácea brétema... é ó mar, ó mar libre, xigante, sin penedos que ó arañen nin prayas qu´o debiliten con garimosas caricias, sin cabrilleos de coores nin marrullerías de graxo."
A Marola, Monte-Ventoso, ó Prioriño embozado sempre n-a grisácea brétema... é ó mar, ó mar libre, xigante, sin penedos que ó arañen nin prayas qu´o debiliten con garimosas caricias, sin cabrilleos de coores nin marrullerías de graxo."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Galicia!", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.63-64
miércoles, 23 de septiembre de 2015
D´a outra beira
"D´a outra beira, mais árbores mais viñas, mais eidos, pequenas hortas ó redor d´o pobo, é as casas d´este, d´a Valenzá, de brancas paredes é roxos balaustres n-os balcós, é negros buracos n-as ventás, confundíndose as unhas co-as outras pra que soilo s´erga d´entr´elas á eirexa co-a sua espadana de pedra é unha campá que vibra n-o espazo repinincand´á alegría ó bislumbrar ó bailoteo que ó sol d´o vrau enchera d´oleadas bribantes, ardentes com´as d´os ollos d´elas ó beilar á muiñeira..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.42
martes, 22 de septiembre de 2015
Campaza de marelos tonos
"Senteime outra vez n-o balado é puxenme á miral-o paisaxe que un sol vivo enchia de oleadas de luz.
N-a faldra d´a Farixa, viñas, balados, petoutos, é algunha que outra campaza de marelos tonos.
Abaixo, un d´os brazos d´o Barbaña envolto en loga ringleira de árbores que bordean ó camiño de Barbadás, encharcado ás veces pol-as xugarretas d´o regato; algús pequenos soutos de castaños, sobreiras é carballos que saian d´entre os toxos, é tal ou cal tarreo labradio d´esmraldino verde encadrado n-os grisaceos marcos d´os balados."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.41-42
lunes, 21 de septiembre de 2015
As últemas sombras d´a noite
"Una escuridá páleda, una crarida sombria rachaba rib´á Farixa as últemas sombras d´a noite é ó empalidecer d´o ceo esborroaba ó titilar d´as estrelas que pouco á poco iban morrendo, pechand´os ollos ós primeiros esbozos d´alborada.
O paisaxe, fatigado ainda d´o sono, espertaba lento, tembroroso, destacando apeas seus contornos, escurrentand´os borrós negros é avivand´os brochazos de luz pra difuminars´entre as brétemas que se desfaguian rubindo, rubindo en desfianchadas folepas ó curuto d´as montanas."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.39-40
domingo, 20 de septiembre de 2015
As ventás d´o Estetuto
"-¿.....?
-E mais ten razón; esquecinme d´o almorzo.
-.....
-Si; é ó millor. Ahi xunt´o Posio votaremos unha copa... A mod´on que vai cair... Non si Dios quer, alborota tod´a Porta d´Aire c-os zocos... Como miran pra nos as ventás d´o Estetuto..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-a campaza", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.38
sábado, 19 de septiembre de 2015
O solar d´a raza
"Ó paisaxe é sempre ó mesmo, apeas si rompen á sua monotonía algus brabádegos, hastra chegar ó recodo que oculta ó pobiño que garda ó solar d´a raza, á mansión d´os abós, á imaxes d´o que foi, medeo estrombada xa coma ó que é... Ó dar á volta aparesce deitado n-a faldra d´o monte adormindose ós arrullos d´o Miño, sombrizado por piñeirales é alfrombado pol-os vinedos qu´erguendose sobre d´a corredoira lle fan tunel de verdura pol-o que ó sol non pode pasar mais qu´en fios tembrosos que vans´estrelar n-o chau formando pequenos circulos brancos coma brilante chuvia de lus..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-o solar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.22-23
viernes, 18 de septiembre de 2015
Bordado de coores
"En riba, n-os curutos, penedos xigantescos ameazan despromarse, prendidos soilo por mau misteriosa que non paresce termar d´eles senon pr´a medroñar ó ánemo co-as suas moles de granito.
Ó lonxe, escuetas montanas que á frol d´as uces tingue de mourados tonos, é algus brochazos verdes anunciando á proximidad d´o Avia bordado de coores."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-o solar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.22
jueves, 17 de septiembre de 2015
N-o medeo d´o rio
"Algun que outro tarreo de alcacen escondes´entre as viñas que, deitados en postes vellos, estrombados, ocultan-os n-un desbordamento de anchas follas é retortos pampos.
Os muiños de pedra, n-o medeo d´o rio, fan-o biselar é soltan-o en crencha d´escuma que vai desfaguerse, esmaida é rumorosa n-aquela especie de lago que ó refris forma os seus pes."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-o solar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.22
miércoles, 16 de septiembre de 2015
Calado coma sempre
"Abaix´ó Miño, calado coma sempre, esbarando entre as guixas sin apeas marmuriar d´os seus dourados bicos, sempre terso é limpo pra refrexar azuados celaxes é verdosas sombras; en frente, á via, erguendose ás veces sobre macizos murallós, fundíndose outras n-os cortados montes, buscando sempre ó nivel pra non fatigar aquela máquena que prende as suas guedellas de fume n-os piñeirales coma sudario que aruñan as copas d´os pinos co-as suas agullas; eiqui á carreteira, apregandose ós montes, perdendose entre os soutos de castaños é ameneiros, sartand´os regatos que se rin baixo as arcadas, é sempre cobreando, cenguidose pra non perdel-o rio que ll´empresta frescuras n-as brisas é pracidas sombras n-os follatos."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "N-o solar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.21
martes, 15 de septiembre de 2015
Líneas perdidas
"O luar envolvia-o todo n-unha luz branquecina, é manchós brancos, d´unha brancura esmaida moteando os borrós escuros d´os follatos, trazaba lineas perdidas n-os troncos, puntos n-as polas, lostregos n-o rio, xigante coroa n-o ceo. A bris d´a noite chegaba con sopros tibios, modrorentos, rizando ó Barbaña, cubrindo-o de brilantes ó chispear d´a lua, é riba nos os sanguiños, ameneiros é avellanos axitaban n-as puntas d´as polas as pequenas follas, que tenguidas de branco é axitadas pol-a bris parescian millares d´anxeliños que barbullaban risas."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.12-13
lunes, 14 de septiembre de 2015
Ondas mais esmaidas
"Inda hoxe non te podo espricar ó que sentin; parescia que todo cambeaba de aspeuto... parescia que os arboles se axitaban mais estremecidos, que as froles derrochaban á presas seus perfumes volvéndome tolo, arrastrandome á testa non sei á onde, que cada un de aqueles anacos separados pol-a imaxinación abria os brazos non sei pra qué... que ó Barbaña desfaguiase en ondas mais esmaidas rolando n-area cal si quixese estenderse n-as orelas pra mostral-o peito, niño de iñoradas bellezas que á min paresciame cobizoso d´emprestarme, é as últemas tintas d´o crepúsculo, que cuase morrera, paresceron revivir un instante pra mostrarme por ultema vez n-aquela tardiña á esborroada silueta d´Ourense baixo un ceo páledo, verdoso, tenguido ó lonxe de color rosa, d´un rosa soaviño, debre, coma ó rosado d´as xigantescas aas d´un anxel que viña pol-o Poniente..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.12
domingo, 13 de septiembre de 2015
Arrebuxado n-a túneca rousacea
"Eiqui tes teu presente ó teu pasado; ten presente ahi, esbozandose entre os follatos, ó niño d´ela cenguido de prata polo Miño, coroado d´esmeralda por Montealegre, arrebuxado n-a túneca rousacea de imparpable miudisimo porvo qu´espalla ó sol n-as últemas parpexadas... Eiqui teu pasado... ¿Non ves en cada un d´os anacos d´este curruncho algunha lembranza d´outros paisaxes, sospirar d´outras brisas, marmuriar d´outros regatos?..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.9
sábado, 12 de septiembre de 2015
Eiqui a bris é fresca
"-Ven; eiqui se sona é alá se sofre; eiqui á bris é fresca, alá, á sua beira, é ardente, non-afeita pr´os teus pulmos; eiqui podes oubir ó Barbaña que che contará tristuras ó bical-os ameneiros é risoños parrafeos ó esbarar riseiro entre as guixas que, ó rozalo, arrancan d´os seus flos as notas mais alegres y-os queixumes mais tristes...; teras un amigo á quen contar os teus amores, un hirmau que sinta coma ti porque tamen sentiu, un home que deixe esbarar as bágoas ó falar d´un neno que se sinte home..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.8-9
viernes, 11 de septiembre de 2015
O curazón naquizado
"Logo escomencei eiqui as escursiós beira d´o Miño, as visitas á cuna d´os abós, os paseyos pol-as ribeiras d´o Barbaña, as ardentes horas d´a sesta pasadas n-unha caracocha n-a sombriza conca d´o Loña, é por fin aquil cambeo brusco aquil doído espertar d´un curazon adormido ós arrulos d´a purisima bris d´a Natureza... As escursiós abandoadas, as cacerías esquecidas, os sonos desfeitos, ó curazón naquizado, os ollos sin paisaxes porque os esborreaban as bágoas, é por fin este currunchiño Beira ó Barbaña que ti me ofreciche decindome tristeiro."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.8
jueves, 10 de septiembre de 2015
N-ardente atmósfera d´o vran
"A pesada maciza torre d´a Cratedal cuase ocultaba ó artistico cimborrio, é as duas xuntas apregadas, parescian servir de cimento ó torreon de San Francisco que somellaba esconder avergonzado seu campanario entr´os piñeiros de Montealegre e Penarredonda.
Despois montes, pobos cuase perdidos en oleadas de verdura, escuros soutos, sombrizas veigas, é lumeiradas roxizas d´un sol ardente coroandoo todo con borbotós de purpura que parescian titilar n-ardente atmósfera d´o vran..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes,
Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que
se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.6
miércoles, 9 de septiembre de 2015
Currunchos escuros, brochazos promizos
"Currunchos escuros, brochazos promizos, confundindose n-aquela baraunda d´estrombadas paredes, tellados tortos, chamineas imposibres agrupándose ó redor d´a Trinidá, nosa parroquea, a d´as campás alegres é sombrias torres que s´erguen altivas pra facer resartar antiquisima greca dibuxando ó páledo azur con trazos escuros, parduzcos, cal xigantesca coróa que alá, n-outros tempos cenguia n-os seus florós todo un pobo de creentes, todo un pobo d´heroes..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx.6
martes, 8 de septiembre de 2015
Morría o sol afogado
"Morria o sol afogado por aquelas nubes roxizas, sanguentas, que rachaba ó espallar d´os rayos en xigantescos xirós pra bordalos de miudísima filigrana de prata n-aquil mar de roxo é purpura apeas rayado por feixes naranxados que se iban perder alá lonxe, n-o páledo verdoso azur d´unha tarde d´estio.
Buracos dentados pol-os follatos deixábannos ver entre o ramaxe lumeiradas n-os cristaes d´as vidreiras, rousadas tintas n-as primeiras casas d´o Posio, borrós escuros n-os árbores d´o Xardín que n-a branca parede d´o escomenzado Estetuto trazaban as suas siluetas rixidas, recortadas e axigantadas pol-a prespeutiva hastra tocar n-o ceo."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Espertar", Beira o Barbaña. Paisaxes, Ed. do Castro, 1993. Edición facsimilar a partir da única edición que se coñece: Ourense, 1894, Imprenta de "El Derecho". Páx. 5
lunes, 7 de septiembre de 2015
Luz de lámpada rosa
"Este que tendes nas vosas maos é un libro de grande importancia na historia da prosa narrativa galega. Desde a súa primeira edición, no ano 1896, gracia á iniciativa de Andrés Martínez Salazar, até o día de hoxe no que ve de novo a luz mercede ao interese de Luis Mariño, ninguén pensou en reeditalo e os seus leitores, coido que moi escasos, reclutáronse ao longo destes longos noventa e un anos, entre os cursidosos visitantes de bibliotecas públicas que, aínda hoxe, constitúen o cativo clube dos coñecedores e amadores da nosa literatura contemporánea.
É, pois, unha boa noticia a aparición da segunda edición de Pe das Burgas."
X.L. Méndez Ferrín, "Luz de lámpada rosa", introducción a Pe das Burgas, de Francisco Álvarez de Nóvoa, ed. Xerais, 1988, (2ª edición do libro)
domingo, 6 de septiembre de 2015
Pé das Burgas: edicións
Existen as seguintes edicións da obra Pé das Burgas de Francisco Álvarez de Nóvoa:
- 1896: 1ª edición. Publicado por Andrés Martínez Salazar na Biblioteca Gallega, A Coruña.
- 1988: Edicións Xerais de Galicia, "Clásicos Galegos". Con Introducción de Xosé Luis Méndez Ferrín: "Luz de lámpada rosa". Edición e notas de Valentín Arias. (Inclúe por primeira vez o relato "A Goleta"; escrito orixinalmente en castelán e traducido por Heraclio Pérez Placer que o publicou no seu libro "Contos da terriña"-1895)
-1992: Dous tomos. Editorial Grupo ACSA-Diario 16 de Galicia. "Biblioteca de Autores Galegos" nº: 74-75. (Falta o relato "Paisaxe" e "A Goleta")
-2002: Biblioteca Gallega de La Voz de Galicia, nº: 120 (Utiliza os textos da edición de 1988)
sábado, 5 de septiembre de 2015
O seu paraíso
"Nas horas de cuarto, só, na infinita soidade das noites no mar, cando tódolos ruídos teñen indefinibles melancolías, e ás veces, a obencadura e o mar xemen caladas tristezas, entón, a forza do pensamento arrincaba das campías ourensás o anaco aquel, o seu paraíso, e o tempo voaba lixeiro coma unha sombra: só o bandazo que lle anunciaba o torto rumbo, o mal cinguido vento, o arrincaba daquela dorosa abstracción."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Paraíso", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.125-126
viernes, 4 de septiembre de 2015
Baixo o ceo abrasador
"Namoráronse; si: quixéronse con ese cariño louco, ardente, poético, dos primeiros amores; quixéronse con ese cariño apaixonado, concibible só nos grandes corazóns, só sentido baixo o ceo abrasador de Ourense, entre a vexetación tropical da terra privilexiada.
(...) Chimpábanse no río nas horas da sesta, case espidos, sen que nas fazulas dela rosase a vergonza..."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Paraíso", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.122-123
jueves, 3 de septiembre de 2015
Unha desas tardes ardentes, abafantes
"Atopáronse unha desas tardes ardentes, abafantes, do estío ourensán: el ía pola conca do case seco regato perseguindo un merlo troiteiro que ferira coa escopeta; ela, créndose soa baixo o túnel de ameneiros e sanguiños que medraban na ribeira, xogaba cuns parruliños novos, espida ata ás nádegas, solto o xustillo, descubertos os brancos peitos, batuxando na auga coma unha rapaciña fuxida da escola. Os dous puxéronse máis vermellos cós morodos: ela, de vergonza; el, de desexo. Os labios non falaron: os corazóns berraban; a fatalidade riuse."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "O Paraíso", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.121
miércoles, 2 de septiembre de 2015
Díxenlle eu e díxome ela
"Pero máis gracioso era oírlle conta-las conversas que tiña coas rapazas, cando as namoraba:
"Pois atopeina no camiño de Moreiras e... dixenlle eu:
-¿Onde vas? -e respondeume ela-: Vou ás Airas. -E díxenlle eu-: ¿E logo a que vas ás Airas? -E díxome ela-: Vou levar estes lacóns ó crego. -E díxenlle eu-: ¿E de quen son os lacóns? -E díxome ela-: Son do señor Bertolo."
E sempre co "díxenlle eu e díxome ela" dediante, estaba dúas horas para lle non dicir nada."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "¡Tanto ten!", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.119
("As Airas" é un lugar da parroquia de "Moreiras" no concello de Toén-Ourense)
martes, 1 de septiembre de 2015
Lambendo os coiñais
"Cando saíu de alí, pestanexaban algunhas estrelas no limpo ceo, a lúa clarexaba o cume da montaña, e de lonxe chegaban rouseos de carros, queixumes dos pinos, cantos de ras e apagados ecos do Miño lambendo os coiñais."
Francisco Álvarez de Nóvoa, "Redimido", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.116
Suscribirse a:
Entradas (Atom)