domingo, 17 de noviembre de 2013

Os pasales do Barbaña



“O Bocas xa debía saber a onde nos encaminábamos, porque non lle perguntou nada cando botamos a andar cara os pasales do río. Polo camiño foime dicindo o Milhomes que iamos cabo dun parente alquitareiro que estaba traballando no bagazo dos señores do Castelo, e que o pasaríamos de moita hostia naquela bodega, ó pé do lume, bebendo canto nos petase do augardente que estaba a destilar.”
  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo. páxs 43-44


“Tivemos que pasar o Barbaña moi a modo, pois viña cheio coa enxurrada; os pasales estaban coasi arrentes do cachón das augas, pro a Ponte dos Pelamios quedaba lonxe.” 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo. páx. 44

No hay comentarios:

Publicar un comentario