“Ó fin chegamos ó souto da cima, onde estaba o grande
pazo dos señores do Castelo.” páx. 44
“Andivemos unhas pasadas e entramos polo portelo da horta.” páx.45
“Entramos moi a modo, pasando
por tras uns carros, pra que non nos visen dende a casa que estaba ó outro lado
dun curro grandeiro coma unha praza, con pendellos a carón cheios de aperos de
labranza.” páx.45
“Lume, lume, lume. Apañamos a roupa coma poidemos, e aínda
non tiñamos metidos os pantalós, cando aparesceu na porta un cabaleiro de
polainas cun vergallo na mau. Recuamos e sortimos pola fiestra baixa que daba ó
camiño. Eisí, meio híspidos coma estabamos, botamos a alandillar pola encosta
do monte e non paramos até o souto dos castiñeiros onde rematamos de vestirnos,
baixando logo coasi a rebollós até darmos na carreteira nova. Alí tomamos
folgos, descansando un bo anaco. Logo, pegando un arrodeo, fumos parar ós
arrabaldos do Posío, cerca da ponte da Burga.” páx.54
Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario