viernes, 29 de noviembre de 2013

Socorrito, a tola



“Pro cando tiñamos pasado a Ponte Maor...” páx.91

“Ó pasar de novo polo cumio da Ponte Maor, veume ós miolos un pronto de “pensamento”, tan súpeto e fero, que a pouco pego un brinco polo petril pra tirarme ó río.” Páx.92

“Ó chegar á outra banda da Ponte, o Milhomes trouxo da taberna do Sancristán, que xa estaba a porparar pra a feira do día sete, que é alí pertiño, que xa axiña escomenzarían de chegar os feirantes, dúas boas botellas de augardente, que boa falla nos facían pra non esmorecer.” páx.92

“Iamos por uns carreiros apartados que se entraban polo meio das viñas das aforas...” páx.95

“A teima que levara durante todo o día, e aínda máis forte desque viñera a noite, era de tere que estar con muller, de iso non o podiamos apartare” páx.96

“De sócato Xan...meteuse a caminar por unha verea que atravesaba a finca do Abade das Vellas... Foi diste modo como chegamos ó Campo das Bestas que vén sere, coma vosté me enseña, o logar onde os varrendeiros van baleirar o cisco da cibdá.” páx.97 

“No meio do campo o terreo vén a formare un illó ou lagoíña, bastante fonda, que aló fan as augas chovedizas... Agora estaba xeada entre as moreas do esterco e brilaba coma un espello embazado, polo gallo da lúa, que xa cuase desaparecera tras o monte de Santa Ladaíña pro que aínda lle apañaba un retrinco.” páx.98 

“Nun alpendre que aló hai, un pouco alonxado da beira do campo do cisco, e meio tapado por uns bidueiros novos, vivía Socorrito, a tola...” páx.98

“O ceio estaba limpo e caía a rabiar a xiada. Do terreo erguíase unha fumaza ou brétema que quedaba a pouco altor i escomenzábanse a vere, polos cumios do Montalegre, as luzadas, aínda moi borrallentas, do mencer.” páx.101 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Fuxindo de novo



“...pois voltamos pra a cibdade. Subimos pola carreteira de Trives e metímonos pola Travesía sen atopar a ninguén...” páx.78
 Rúa do Paseo, antiga Travesía.

“Conque ó chegar perto da Praza Maor, oíronse as tres da mañá, no reló da Catredal.  Cando pasamos pola Lameda aínda se vía o relustro do lume do pazo, que me desacougou moito velo, pois xa se me tivera esquecido.” páx.78

“E diste modo metímonos no calexón da Burga” páx.80

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.

lunes, 25 de noviembre de 2013

O mesón do Roxo



“-Non señor, non; cando se armou a zarrazina no mesón do Roxo, nós xa sairamos” páx.77

“Se queredes imos ó mesón do Roxo, que coma todos os que van alí son xente de avería i o que máis i o que menos... A máis diso son coasi todos forasteiros, coma sabedes. Hoxe ten que habere moito xentío pois é víspora da feira do sete i ármase alí decote unha chirlata de arrieiros e tratantes que dura toda a noite... Se gañamos ímonos no tren das cinco pra Monforte uns días até que pase isa encalsamada, que noutras piores me teño visto e total sempre é máis o bruído que as noces” páx.70

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.

domingo, 24 de noviembre de 2013

Fuxindo da casa da Nonó



Saímos alandillando porque xa o Fermín e o Sardina se nos viñan enriba. Ó chegar o calexón da Pena Vixía, o Bocas ordeou: -Temos que nos asoparar. Dentro dun istantiño, xuntámonos na casa da Nonó. Entrade sen petar, pola porta da Santísima Trinidade, pola parte de atrás, que vai dare á cociña...” páx.62 

“Nós botamos pra forra pola porta de atrás e saímos todos tres a eito, coma chuspidos... Detrás de nós, oíanse os brados da xiganta enchendo toda a praza da Santisma Trinidade: -¡Ladrós, criminales, golfos.. ¡Botádelle a mau a ises...!.!” páx.69
 
“Cando paramos de correr, aló pola praza do Correxidor, ouvíronse no reló da catedral as badaladas de meia noite.” páx. 69

“Tiramos pra arriba con intención de meternos na casa do Milhomes, que vivía na rúa de Crebacús.” páx.69
 
“Botamos a andar baixando pola rúa dos Fornos” páx.71

“Dende o gonzo dunha porta, onde nos meteramos pra deixar paso a uns que cruzaban  pola rúa da Estrela” páx.71

“Cando voltaron a entrar, apretamos o paso e metímonos pola rúa do Tecelán” páx.71
  Rúa de San Francisco (antiga Tecelán).

“E sen sabere como, atopámonos na rúa do Istituto...i ó chegar frente ó adral da eirexa de Santa Eufemia, vimos que estaba aberta e metímonos nela como ratos...” páx.73
Atopamos a Igrexa de Santa Eufemia na rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal).

“E logo fumos a dare á Fonte do Rei onde mexamos na pía, con licencia de vostede” páx.75

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo.

sábado, 23 de noviembre de 2013

A casa da Nonó, a casa da Monfortina

“Conque dempois de me decire, un e outro, que tan lixados estabamos uns como os outros, dispuxemos írmonos de putas, con licencia, anque ó Milhomes non lle fixo moito aquel a ideia, e puxo coma condición que non fosemos á casa da Nonó senón á da Monfortina, non sei por que...
Pro na casa da Monfortina non nos quixeron ademitir...” 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo, páx.59

viernes, 22 de noviembre de 2013

A Ferreiría



“Conque fumos parar á Ferreiría, onde nos metimos nun portal pra determiñarmos o que teriamos que facer, pois non era cousa de andar daquil xeito toda a noite e máis co frío que se viña.” 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo, páx.58

jueves, 21 de noviembre de 2013

Fonte de San Cosme



“Na fonte de San Cosme bebimos a morro uns grandes grolos da auga da pía, que nos fixo baleirar, de alí a pouco, todo canto tiñamos dentro.” 

  Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Ed. Galaxia, 14ª edición, xaneiro 1995, Vigo, páx.58