viernes, 5 de febrero de 2016

Un home santo moraba na Serra

"E aproveitando que o tempo era propicio, Nemeto e Brais colleron as súas cabras e conduciron o seu fato aos pasteiros da Serra da Queixa, onde o rigor da natureza reservaba o lugar de visitantes indesexábeis. (...)

  Os pastores indicáronlle que o propietario daqueles contornos era o mosteiro de Sobrado onde non o acollerían tratándose dun convento de relixiosas mais que, de continuar a viaxe, chegaría ao de Montederramo onde seguro o aceptarían. (...)

  Non tardou moito tempo en estenderse a nova de que un home santo moraba na Serra e os veciños comezaron a contribuír no seu sustento, malia a súa austeridade."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.105-106

1 comentario:

  1. A día de hoxe xa existen as versións de Viaxe a Lánsbrica en castelén, inglés e portugués. Miguel Mosquera Paans d.miguelmp@gmail.com

    ResponderEliminar