Nun tempo escuro para a cultura
académica e formal galega apareceu Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro
Puga, coñecido como o Padre Feijoo, para defender a condición da lingua
galega e escribir propostas renovadoras sobre a vida económica, social,
educativa e cultural. O intelectual ourensán foi un dos precursores da
Ilustración e chegou a ser todo un best seller no século XVIII, cunha
enorme repercusión noutros países europeos. O seu legado intelectual e
científico tivo tantos críticos coma adeptos e transcendeu ata os nosos
días, cando se cumpren 250 anos do seu pasamento. Con motivo desta
efeméride, son moitos os actos artellados no mapa galego para conmemorar
a vida e obra do pensador e ensaísta. Mostras, seminarios, proxeccións
audiovisuais e aplicacións web lembran en Galicia ao seu ilustrado máis
universal.
Ordenación Universitaria «co
obxectivo de divulgar e poñer en valor o legado do ilustre polígrafo»,
tal e como sinalou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Nela
recóllense reproducións e orixinais de oito documentos e cerca de trinta
libros divididos en dúas seccións.
A primeira delas, Feijoo e o seu
século, inclúe gravados do intelectual e da súa casa natal (en O Pereiro
de Aguiar); a súa obra máis coñecida, o Theatro critico universal,
xunto coa crítica e defensa coetánea da mesma, feitas respectivamente
por Salvador José Mañer e Frei Martín Sarmiento. E compleméntase con
outros escritos do Padre Feijoo como as Cartas eruditas y curiosas, os
índices e compilacións da súa obra.
Por outra banda, a segunda das
seccións céntrase no Feijoo máis aló do seu tempo e amosa o interese que
espertou a súa obra na segunda metade do século XIX, cando foi fonte de
inspiración para outros autores e obxecto de homenaxes, antoloxías e
estudos. Entre ditos estudos destacan os de Gregorio Marañón, Otero
Pedrayo, Curros Enríquez e Eduardo Blanco Amor.
O próximo mes Ourense sumarase
aos tributos ao Padre Feijoo con varias propostas. O centro social
Afundación acollerá unha nova mostra organizada polo Museo Arqueolóxico
Provincial, O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria, que
recollerá pezas singulares e pertenzas do ilustrado xunto con obxectos
documentais e artísticos. O Arquivo Histórico Provincial contribuirá coa
segunda entrega do serial de curtametraxes As viaxes do Capitán
Gardador, dedicado ao pensador e ás distintas homenaxes que se lle
fixeron ao longo da historia. E o Liceo de Ourense celebrará o seminario
B. J. Feijoo, renovador do pensamento, organizado polo Consello da
Cultura Galega.
Ademais, as bibliotecas nodais de Galicia acollerán cadansúa exposición para poñer en valor a vida e obra do best seller galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario