O Padre Feijoo. Cidadán libre da República
Literaria, é o titulo da mostra que o Museo Arqueolóxico Provincial de
Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
organiza para conmemorar o 250 aniversario do pasamento de Benito
Jerónimo Feijoo Montenegro, máis coñecido como “Padre Feijoo”. A mostra
terá lugar desde finais de setembro ata finais de novembro, na sala da
exposicións da Fundación Galicia Obra Social da Praza Maior de Ourense.
A exposición de homenaxe, xira ao redor de destacadas e certamente singulares pezas relacionadas coa súa figura, moitas delas pertencentes aos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, froito da confianza depositada nesta institución polos herdeiros do beneditino, o que xustifica a elección do persoeiro dentro do seu plan de actividades. A estes elementos súmanse outros obxectos documentais e artísticos procedentes doutras institucións e particulares, que axudan a dotar de contido e significado á mostra.
A mostra abrangue aspectos importantes da vida e da obra do autor, con dous eixos temáticos importantes, Feijoo e Ourense, no que ademais dos aspectos biográficos e actos conmemorativos que tiveron lugar na cidade no último cuarto do século XIX, se inclúe tamén un amplo repertorio iconográfico en diferentes técnicas e soportes, froito da admiración e recoñecemento que se lle tributa ao longo dos séculos. No outro, Feijoo e a Ilustración, proxéctase unha visión da súa obra, resaltando os aspectos máis sobresaíntes e innovadores que supuxeron a renovación do pensamento científico e sinalaron o desenvolvemento cultural de España, integrado no marco europeo.
O Padre Feijoo, como persoeiro importante, vería difundida a súa imaxe a través de gravados dos mellores artífices da época incluídos na edición das súas obras, na formulación dunha imaxe estereotipo. Xunto a estes gravados exporanse outros retratos ao óleo, tanto do século XVIII, como outros conservados en diferentes institucións ourensás, que aínda que do século XIX, evidencian a veneración mantida longo tempo despois ao Padre Feijoo, encomendados con destinado a ter un lugar preferente neses lugares. Maella, Vicente Arbiol, Parada Justel ou Gerardo Meléndez son algúns dos autores destes cadros.
Por outra banda, a través das primeiras edicións dos seus libros tentarase abordar particularmente algún dos aspectos mais sobresaíntes da súa obra: medicina, loita contra superstición e os falsos milagres, reclamación contra igualdade entre homes e mulleres, etcétera.

No hay comentarios:
Publicar un comentario