Cando e quen empregou por primeira vez o termo “graxo”? Sospeitamos, e
argumentamos, que aqueles orfos que polo ano 1834 inauguraron a nosa propia
saga de pícaros, xa que a ironía que empregaron para darlle o nome de “Casino”
ao cavouco cabo das Burgas onde deron acubillo a tódolos vagos e famentos,
empregárona tamén para autodenominarse “graxos”, que como moi ben define Eladio
Rodríguez González, significa “graso, mantecoso, que ten grasa ou aspecto de
grasa”, nada máis lonxe dos seus corpos famélicos.
“Mentirán” de Contos da terriña, de Heraclio Pérez Placer, Biblioteca Gallega, Andrés Martínez Editor, A Coruña, 1895 (vía Galiciana), páx. 64
“Chinita” de Contos da terriña, de Heraclio Pérez Placer, Biblioteca Gallega, Andrés Martínez Editor, A Coruña, 1895 (vía Galiciana), páx. 124
"a alhaxa dos veciños que sempre tapaban e protexían as súas graxadas e bulras ós gardas do Municipio"
Francisco Álvarez de Nóvoa, "Turuleque", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.30
GRAXADA, substantivo derivado de “graxo.
As definicións que de "graxada" atopamos son as seguintes:
-Eladio
Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano,
Galaxia, Vigo:
1.Acción propia del graxo. 2. Trastada, pillada, travesura de muchachos.

