"Unha hora máis tarde achegueime outra volta ata a Praza Maior. Os operarios do Concello recollían os restos da batalla de Rafael Sousa. O recordo da masiva reunión do día anterior outorgáballe á praza baleira unha aura de santo lugar con calidades de punto cero. Crucei a rúa das Tendas calibrando as consecuencias da colisión: o GIA volvería golpear en poucos días por moito que o Foro pola Democracia se sentise coma un cativo con zapatos novos. Detívenme a fumar un cigarro sentado nas escaleiras da Praza de San Martiño. Logo alcancei a Rúa da Paz sen saber moi ben cara a onde dirixir os meus pasos e a inercia levoume polo Progreso ata a Praza de Concepción Arenal."
Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006. Páx. 208.
No hay comentarios:
Publicar un comentario