"Descendemos ata a Praza Maior e alcanzamos a Alameda. Merquei tabaco e un exemplar de Información Directa. Aínda non era hora de xantar, pero o meu estómago renxía coma unha bisagra enferruxada. Os xubilados pachorrentos copaban os bancos á sombra.
-Cidadán do mes -cuspiu."
Diego Ameixeiras, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006. Páx. 190-191.
No hay comentarios:
Publicar un comentario