lunes, 2 de noviembre de 2020

Centenario de "Nós"

 "O30 de outono de 1920 vía luz o primeiro número da revista Nós, subtitulado Boletín Mensual da Cultura Galega. Dende esta data ata finais de 1935 chegaríanse a editar un total de 144 números. A dirección literaria correspon-deulle a Vicente Risco e a artística a Daniel Castelao mentres que a administración a Ánxel Casal.As quince primeiras entregas saíron en Ou-rense –onde sempre mantivo a redacción–, na imprenta La Región. Logo as tres seguintes na de J. Poza Cobas, de Pontevedra. Continuaría apa-recendo na Coruña, na sociedade Lar e, logo, xa en Compostela, na editorial Nós.O pronome que designa esta cabeceira convér-tese en emblea dun período, a definida como Épo-ca Nós. Intervalo que discorre entre 1916 –dende o agromar das Irmandades da Fala– e 1936 –dei-ca o golpe de Estado fascista e o conseguinte xe-nocidio que a resultas se perpetrou–.O nome Nós substantiviza unha dimensión so-berana, enxergada dende e para Galiza, imple-mentada polo nacionalismo no ámbito político –cuxa expresión máxima foi o Partido Galeguis-ta–, que acada, nesta obra, no eido cultural a súa meirande expresión.Isto é así por canto que dende as súas páxi-nas se abordan as diferentes materias que con-forman a identidade do ser galego –literatura, arte, arqueoloxía, etnografía, economía, historia, xeografía... –. Mais tamén polo diálogo en pé de igualdade que se establece con outras significadas culturas europeas, como Irlanda ou Portugal.Ao que cabe complementar que o enfoque levado a cabo se realiza dende unha concepción moderna e unha estratexia dinámica. O que quere dicir que o cometido do amplo ronsel de colaboradores, nas distintas áreas trata-das, tivo como premisa o rescate, a posta en valor, divul-gación e actualización das chaves nucleares que definen Galiza como pobo.Tradición e modernidade artéllanse, polo tanto, nun mesmo proxecto. Que terá, en intersección, como eixes vertebrantes, a aplicación destoutros dous conceptos fun-damentais: galeguización e universalización.Nesta angueira compartida resulta tamén estratéxica a implicación dun nutrido e selecto ronsel de colaboradores que, en gran medida, dá conta do diverso espectro ideolóxi-co do galeguismo do entón. Porque o, en verdade, definito-rio neles é que poñan por riba de todo "o desexo coleitivo de superación, a orgulosa satisfaición de seren galegos", tal como se declara xa no "Primeiras verbas" inicial.Mais non se debe esquecer a perspectiva que, no Cin-cuentenario de Nós, deitaba, en 1970, Luís Seoane. A pro-pósito das angurias económicas padecidas polos seus pro-motores para editar cada número.Semellan unhas verbas acaídas, para esencializar o le-gado e a vixencia de Nós, as expresadas por Antón Vilar Ponte nun número da revista: "os pobos que teñen unha lingua de seu son pobos orixinaes, até o estremo de que si a esquencen ou desprezan acaban sempre por sentírense inferiores".

Xoán Carlos Domínguez Alberte, en "Nós Diario", páxs. 22-23 do 30 de outubro de 2020.

No hay comentarios:

Publicar un comentario