"Espímonos. Miss Chispatown tatuara unha magnífica reprodución policromada da Burga de Abaixo na superficie que adoitan ocupar as cicatrices apendicíticas. Biquei o conxunto histórico-artístico e dirixinme directamente ao manancial que brotaba das súas pernas, onde achiquei o fluxo termal a lambedelas.
-O tempo é veleno -sentenciei lembrando a miña ex de toda a vida.
-Vaia trompa levas.
-Iso é circunstancial, querida Calpurnia.
(...)
-Quérote, pero só esta noite -Miss Punto G parecía unha serea preguiceira."
Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 156.
No hay comentarios:
Publicar un comentario