sábado, 10 de octubre de 2020

O espeso trafego

 "Prendín un pito e mestureime no espeso trafego que saturaba as rúas todas da cidade por mor da visita oficial dalgún peixe gordo. Os gardas de tráfico contribuían a complicar o asunto. Na Avenida de Bos Aires a condución resultaba case imposible a causa dun accidente. O Ibiza que alugara non tiña aire acondicionado, e só abrindo as ventaíñas, cando circulaba a certa velocidade, conseguía gozar dun chisco de frescor. O lombo apegábaseme ao asento e suaba profusamente. Se nalgunha parada no medio e medio do atasco permanecía coa ventaíña baixada máis dun minuto, o interior do coche transformábase nun forno cheirento, pero se optaba por encerrarme no vehículo a suor chegaba a enchouparme as pálpebras."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 138-139.

No hay comentarios:

Publicar un comentario