sábado, 16 de marzo de 2013

Eduardo Blanco Amor (1897-1979)



Blanco-Amor por J.Valcárcel, 2009

Un dos máis grandes escritores ourensáns e, sen dúbida, o mellor representante do universo literario de Ourense é Eduardo Blanco Amor, quen escribiu a obra máis significativa que ten como protagonista a nosa cidade: A Esmorga (1959), e aportou o topónimo literario por excelencia: Auria.

Blanco-Amor naceu en Ourense o día 8 de setembro de 1897 e nesta cidade residiría ata 1919, ano no que emigra a Arxentina. Volverá  en distintas ocasións (1929, 1933, 1957) e a partir de 1962 instalarase definitivamente en Galicia, repartindo a súa estadía entre Vigo e Ourense, con escapadas máis ou menos longas a Madrid, Sevilla e Barcelona. Morreu en Vigo o 1 de nadal de 1979 dun ataque ao corazón. Está enterrado no cemiterio de San Francisco de Ourense, só unha bufanda esculpida en ferro identifica a súa tumba.

Toda a súa narrativa xira arredor da cidade de Auria: La catedral y el niño (1948), Los miedos (1961), Os Biosbardos (1962), A Esmorga (1959) e Xente ao lonxe (1972).

Bibliografía: A obra literaria de Eduardo Blanco Amor de Xavier Carro, ed. Galaxia, 1993
Imaxe: Óleo e collage sobre lienzo de Juan Valcárcel, 2009, 80x60 (Biblioteca da diputación provincial de Ourense) Extraída de: http://jvalcarcel.es/2010/imagenes/taller/eduardo-blanco-amor.gif

No hay comentarios:

Publicar un comentario