martes, 26 de febrero de 2013

O Ourens de Alfonso X, O Sabio

"Assi com´eu beveria bon vinho de Ourens
assi queria bon son de cunctipotens
pera meestre Joan"
                          Alfonso X, O Sabio (1221-1284)
                          Cancioneiro da Vaticana

"Así como eu bebería bon viño de Ouréns,
así quería bon son de que "cum te potens",
pera meestre Xohán"
                           (Variante)

"Así como bebería bo viño de Ourense
así quería bo son de "cum te potens"
para o mestre Xoán"
(Versión de hoxe en día)



"Cantiga de refrán formada por catro estrofas de dous versos e estribillo. Cantiga de escarnio, ao parecer dirixida ao mesmo mestre Xoán doutra cantiga de Alfonso X. Según o mestre Lapa nesta cantiga parece haber unha imitación inofensiva da linguaxe litúrxica ou polo menos do latín da Igrexa. Opinión contestada por Pelligrini quen considera que a crítica é contra a voz do mestre Xoán. Tampouco está de acordo coa tesis mantida por Michaelis e Cotarelo sobre a gula e o bo apetito do rei Alfonso X. Tamén Lapa apunta a posibilidade de que non se trate do mestre Xoán como oficiante senón simplemente como oínte, o cal, talvez pola súa recente conversión atoparía longas e fastidiosas as cerimonias da igrexa católica."

*"cunctipotens" ou "cum te potens": forma parte da expresión "cunctipotens genitor" (Pai todopoderoso) inicio dun difundido tropo cantado nas grandes solemnidades.
  El cancionero profano de Alfonso X El Sabio, Universidade de Compostela

Cantiga completa

"Como eu en día de Pascoa quería ben comer
así quería bon son lexeiro de dicer
pera meestre Xohán.

Así como quería comer de bon salmón
así quería ao avanxello mui pequena paixón
pera meestre Xohán.

Así como quería comer que me soubese ben,
así quería bon son "et seculorum amen",
pera meestre Xohán.

Así como eu bebería bon viño de Ouréns,
así quería bon son de que "cum te potens",
pera meestre Xohán"

                  Adaptación moderna

 Como eu en día de Pascua quería ben comer
así quería bo son, lixeiro de dicir
para o mestre Xoán.

Así como quería comer bo salmón
así quería evanxeo de moi pouca paixón
para o mestre Xoán.

Así como quería comer que me soubese ben
así quería bo son "et seculorum amen"
para o mestre Xoán.

Así como eu bebería bo viño de Ourense
así quería bo son de "cum te potens"
para o mestre Xoán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario