Esta novela de Eduardo Blanco-Amor representa a obra máis importante na que a cidade de Ourense adquire protagonismo principal. A novela representa unha viaxe pola cidade de Auria de tres personaxes -O Bocas, o Milhomes e o Cibrán- que nunha noite de esmorga recorrerán gran parte das rúas de Ourense creando un universo literario arraigado para sempre na cidade.
A obra foi publicada por primeira vez no ano 1959 en Buenos Aires na editorial Citania e constitúe a primeira novela en galego do seu autor. A súa importancia é capital dentro da historia da literatura galega xa que inicia a narrativa moderna na nosa lingua.
| | | | | |
Primeira edición con portada de Luís Seoane | | | | | |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario