lunes, 5 de diciembre de 2016

"A Nosa Terra", A Coruña, 1908


-nº 47, o 22 de xullo de 1908: “O violín encantado”, publicado previamente en Contos da terriña (1895), na revista “El Regional”, 3 de xuño de 1896 e na Hoja literaria do “Ideal Gallego”: nº1669, 3º/12/1922. . Incluído tamén na obra Literatura Gallega de Uxío Carré Aldao, Barcelona, 1911.

-1908:“¡Suicida”, publicado previamente en Contos da terriña (1895); e na “Revista Gallega” nº 279, 22/7/1900, e “El Eco de Galicia”, de Bos Aires, nº 367, 1901.
  
-nº 56, o 30 de setembro de 1908: “Pau de corno”, publicado previamente en Contos da terriña (1895).

-nº 60, o 27 de outubro de 1908: “Chinita”,  publicado previamente en Contos da terriña (1895), e  en “La Tierra Gallega”, da Habana, nº 64, 7 de abril de 1895.

domingo, 4 de diciembre de 2016

"Revista Gallega: semanario de literatura e intereses regionales" A Coruña, 1895-1907



   
     -nº 2, 24/3/1895: “Rillote”. Publicado en Contos, leendas e tradiciós (1891) e na revista “As 
   Burgas”, nº5, 20/1/1895,; e en Veira do Lar (1901). 

      - nº 53   15/3/1896 :“Escupir al cielo”

       - nº 62  10/5/1896 :“Noitébrega”

      - nº 160, 3/4/1898 :“Inri”

      - nº 187, 9/10/1898 “Mentirán”. Publicado previamente en Contos da terriña (1895) e despois
 en Veira do Lar (1901).

           - nº 200, 8/1/1899 :“Terra de lobos” (De un libro en prensa)

sábado, 3 de diciembre de 2016

"La Estrella Galaica", Santiago, 1896




 - nº18, 2/8/1896: “¡Fillo!...” . Publicado posteriormente en Contos, lendas e tradiciós (1891) e en Veira do Lar (1901)

viernes, 2 de diciembre de 2016

Unha indecorosa parafernalia

"O seu, despois de dúas noites de marxinación, foi un alarde de impostura, unha indecorosa parafernalia. Honras e fastos para quen deostaron en vida. Non todos, pero canta impostura! Dáme por pensar en que talvez cargaron co seu cadáver os que non ousarían pasear do seu brazo cando vivo. Talvez porque el tampouco ousou pasear do brazo dun amante.

  Pasaron, como pasa o tempo, trinta e cinco anos daquela perda. Hoxe somos máis as persoas que aceptamos e valoramos A esmorga como un vento chileno que se confundiu cos bafos das Burgas para darlle un magnífico pulo á literatura galega, e ao seu autor."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx.146-147

(Neste 2016, xa pasaron trinta e sete anos daquela perda.)

jueves, 1 de diciembre de 2016

O grande escritor tirado no gris cemento

"Conmemóranse agora os trinta e cinco anos do pasamento do autor. A súa morte correspóndese coa incomunicación que tivera en vida. Morreu só nun taxi. camiño dunha clínica. O seu cadáver foi levado ao depósito do Hospital Municipal de Vigo onde ninguén o vai velar. De mañá chámanme por teléfono e dinme cales son as circustancias. Achégome deseguida e imos ser, Maximino Keyzán, Daniel Heras, Itos Domínguez e eu mesma, catro persoas sen ningunha representación oficial, as que estamos nun cuarto lañado, agrisado pola humidade e o deterioro, absolutamente baleiro, co cadáver de Blanco Amor metido nunha caixa, depositado no chan, agardando que chegase unha ambulancia que o había transportar ao hospital de Ourense.

  Foi un momento decisivo na miña vida. Mantiven con el unha conversación, na que Blanco Amor non me respondía, como a que Cibrán mantén co xuíz. Neste caso a xuíza era eu.

  Reprocheille a covardía no recoñecemento da súa sexualidade. El, un home tan orgulloso, humillado pola noxenta normalidade dunha sociedade hipócrita. El, tan insolente no relativo a aspectos políticos ou a crenzas relixiosas, obrigándose a mentir, a disimular nos aspectos básicos da súa personalidade.

  Por que o fixeches, preguntaba eu indignada, aflixida ante un cadáver sen pranto, un pobre defunto gris, o grande escritor tirado no gris cemento? De que lle serviu a transixencia?"

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx.145-146

(Neste 2016, conmemóranse xa, os trinta e sete anos do pasamento)

miércoles, 30 de noviembre de 2016

"El Regional" Lugo, 1895-1896



 -nº 4325, 24 de febrero de 1895: Romance “Sor Isabel”

-
nº4603, 11 de xaneiro de 1896: “Rapañotas de xazmís”, publicado previamente en 
Contos da terriña (1895); e posteriormente en Veira do Lar (1901) e na revista “Follas Novas”,
 nº 415, o 14 de maio de 1905.

-nº4643, 23 de febreiro de 1896: “Avelaíñas”, publicado previamente en Contos da terriña (1895); 
e posteriormente en Veira do Lar (1901) e na “Revista Gallega”, nº 628, o 31 de marzo de 1907. Incluído tamén na obra Prosa Galega I. Desde os primeiros oitocentistas ao Grupo Nós. Galaxia, 
Vigo, 1976.

-nº4662, 13 de marzo de 1896: “Follas secas”, publicado previamente en Contos da terriña (1895).

-nº4699, 19 de abril de 1896: “O magosto”, publicado previamente en Contos da terriña (1895).

-nº4824, 3 de xuño de 1896 : “O violín encantado”, publicado previamente en Contos da terriña 
 (1895). e posteriormente na revista “A Nosa Terra”, nº 47, o 22 de xullo de 1908
e na Hoja literaria do “Ideal Gallego”: nº1669, 3º/12/1922. . Incluído tamén na obra Literatura 
Gallega de Uxío Carré Aldao, Barcelona, 1911.