Este relato é a
primeira obra en galego de Vicente Risco. Aparece o 10 de abril de 1919 no Suplemento “Terra a nosa” (Bibrioteca Popular Galega), volume 7, do xornal
coruñés “El Noroeste”, e consta de 28 páxinas.
Podes consultar un
exemplar desta primeira edición da biblioteca da Fundación Vicente Risco de
Allariz no seguinte enlace .
Vendido ao prezo de
10 céntimos imprimiuse nos talleres do mesmo xornal de El Noroeste, na rúa
Real-26 da cidade herculina.
Nel aparecen moitas
características da etapa inicial do autor ourensán: esoterismo, exotismo, ningunha
referencia galega...
Bieito Alveiros,
afeccionado ás ciencias ocultas entra en contacto epistolar con R. Dehmel, quen
anda a procura dun método que poida devolverlle o movemento á momia exipcia de
Tuthankhamon. O doutor Alveiros iniciará unha viaxe ao mundo de ultratumba que
lle fará vivir macabras experiencias.
O personaxe do
doutor Alveiros reaparecerá na obra narrativa máis importante de Vicente Risco,
O porco de pé, publicada en 1928. Nesa primeira edición, cítase entre as
obras en preparación do autor ourensán a seguinte: “Aventuras do Dr. Alveiros
en Brasil”, que nunca chegou ser publicada.
Posteriormente este
relato apareceu publicado pola editorial Galaxia, xunto a outros (“Os europeos
en Abrantes”, “O lobo da xente” e “A trabe de ouro e a trabe de alquitrán”)
nunha edición da obra O porco de pé de 1972, con edicións de Xohán Ledo.
|
Edición de 1972
|
|
Ilustración de Xoán Ledo para o relato na edición de 1972 |
Temos que destacar dúas versións recentes do relato: un adaptación do texto de Mª Eugenia Múñoz Fernández publicada no 2011 polo Concello de Ourense e unha adaptación en vídeo, do ano 2013, dirixida por Luís Baños Campo e producida pola Fundación Vicente Risco (na súa edición en DVD acompáñase dun facsímile do texto de 1919).
|
Adaptación de 2011 |
|
Versión en vídeo |
Hoxe cúmprense cen anos da publicación deste relato: o 30 de abril de 1919.