Namoradiño de todo anda o esquío da súa esquía. Lévalle unha noz ferreña
-as que máis lle gustan a ela- para selar o compromiso. O parrulo -por
fin- convidou a un paseo polo río
Barbaña á súa linda parruliña. A anduriña e a lavandeira andan
preparándoo todo para que o día de pedida da súa amiga a pega, sexa todo
un éxito. A Lúa dixo que deixará por un intre de alumear para agasallar
a todos coa media luz romántica e propicia para conseguir un feixe de
bicos roubados. Don Moucho vai ler o regramento para que todos
aproveiten a maxia do día de San Valentín. 'Quen roube máis bicos será o
gañador; quen non se bique con ninguén, será expulsado de inmediato da
Fraga da Ilusión. Porque quen non sabe bicar non é digno de vivir aquí',
dixo con voz moi grave. Dona Curuxa cantará no concerto nocturno en
honor ós casamenteiros. E daráselle palliñas secas de balde (por fin
conseguiuse a subvención!) a aqueles que vaian ser pais na primavera.
Teceranse cortinas de hedras nas portas e ventás de quen gañe o concurso
de namorar facendo uso das artes dos silencios e das rimas. Será o
seductor reiseñor quen, un ano máis, conquiste o doce corazón das súas
amantes?
Pero? que fago eu aquí perdendo o tempo! Se estou convidada á festa e
aínda teño que tecer o traxe da Ninfa da Auga cos seus encaixes brancos
para que destaque, maxestuosa, na alfombra vermella da Gala do Gran
Amor!
Marina Sánchez Soto (La Región 14/2/2014)
viernes, 14 de octubre de 2022
Festa do amor
Suscribirse a:
Entradas (Atom)