lunes, 19 de febrero de 2018

Simple bioloxía desatada

"Pensou que se podía parecer a Carolina, a filla do administrador de Sabucedo, que bebía o leite polo canado antes de fervelo e que xogaba á billarda cos rapaces e que cando se meteu monxa e volvía de vacacións a ver o pai, a gracia branca da touca que lle enmarcaba o rostro acrecentaba aínda máis a cor sonrosada da pel e o aspecto de mazá que tiñan as súas meixelas. Falándolle dela, pouco antes de que a metesen no convento, dixéralle el nunha ocasión que aquela moza era natureza en estado puro, simple bioloxía desatada, onde a conciencia do pecado quedaba sempre a moita distancia do corpo e as súas miserias."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 131.

No hay comentarios:

Publicar un comentario