miércoles, 29 de abril de 2020

Bibliografía completa


·         Abril, Laia. Lobismuller.  Fotolibro. Ed. RM. 2016.

·         Bande, Enrique. “El contexto antropológico: la leyenda del hombre lobo en Galicia.” En Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. Páxs. 35-43 

·         Berbell, Carlos / Ortega, Salvador. “Manuel Blanco Romasanta, el “hombre lobo” gallego.” Psicópatas criminales (Los más importantes asesinos españoles). Ed. La esfera de los libros. Madrid, 2003. pág. 73 a 86.

·         Carballal, Manuel. “La verdadera historia del hombre-lobo”. Revista Más Allá. Nº 65. Xullo de 1994. 

·         Castro Vicente, Félix y Cástor. “El final de Romasanta (1854-1863). .” En Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. Páxs. 123-133.

·         Castro Vicente, Félix Francisco. “Romasanta, el hombre lobo de Allariz”, en Hibris: Revista de bibliofilia, nº 42, Alcoi-Alicante, 2007, págs. 19-32. Y en Lethes, Invierno 2007-08, Centro de Cultura Popular da Limia. Pódese ler neste enlace.

·         Cela, Camilo José. Mazurca para dos muertos. (1983) Círculo de Lectores. Barcelona, 1989. Páxs. 73-74, 90-91.

·         Cela, Camilo José. Madera de boj. Ed. Espasa-Calpe.1999. 4ª edición. páxs. 202

·         Conde Alfredo. Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004.

·         Conde Alfredo. Romasanta. Memorias inciertas del hombre lobo. Ed. Destino- nº 994, 2004. (Existe tradución ao ruso e ao italiano,  en inglés en Australia) 

martes, 28 de abril de 2020

Bibliografía cronolóxica (IV)


1947. Martínez-Barbeito, Carlos. El bosque de Ancines. (Finalista do Premio Nadal en 1944 e publicada en 1947).

1950: artigo de Celso Emilio Ferreiro no Faro de Vigo do 23 de setembro.

1970. “El bosque del lobo”. Película basada no libro de Martínez-Barbeito. Director Pedro Olea. 

1974: Celso Emilio Ferreiro. “Un caso de licantropía”. Revista Tribuna Médica.

1983: Cela, Camilo José. Mazurca para dos muertos. 

1991. Domínguez, José e Blanco, Lino. O home do unto. Blanco Romasanta. Historia real de una leyenda. Deputación de Ourense. 1991. 

Nos anos 90 o libro “Lobos, lobas y lobishomes”, do antropólogo galego Xosé Ramón Mariño Ferro, (Edicións do Cumio, 1996), dedica unhas páxinas (68-71) ao tema de Romasanta.

1999: Cela, Camilo José. Madera de boj

2004. Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo.

2004. “Romasanta. La caza de la bestia”. (película) Dir. Paco Plaza. 

lunes, 27 de abril de 2020

Bibliografía cronolóxica (II)


1929. Risco, Vicente. “Un caso de lycantropía, Manuel Blanco Romasanta. Lido o 23 de febreiro de 1929 no Salón de Festas da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña, no número 38, piso 1º da Rúa Rego de Auga. Foi sede da Real Academia Galega entre 1906 e 1920. Desde 1916 compartiu sede coas Irmandades da Fala.  

Rúa Rego de Auga. A Coruña.

Discurso de ingreso na Real Academia Galega (publicado posteriormente pola Real Academia Galega e Editorial Moret, 1971). 


(Risco toma os datos de Rúa Figueroa, estuda a vida de Romasanta en relación coas lendas galegas e europeas dos homes lobo, e aborda os aspectos psicolóxicos e históricos do tema.

Risco ocúpase novamente da licantropía nos cadernos 3º e 4º do tomo I da Revista de Dialectología y Tradiciones populares. 1945. “El lobishome”, páxs. 514 a 533.

Tamén lle dedicou dúas páxinas (290-291) no apartado de “Cultura espiritual” no Tomo I “O home”, da Historia de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires, 1962. )

domingo, 26 de abril de 2020

Bibliografía cronolóxica (II)


· 1859: “Reseña de la causa formada en el Juzgado de 1ª. Instancia de Allariz, Distrito de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios asesinatos”, ordenada y publicada por R. F. Madrid, Imprenta de la Viuda de Don Antonio Yenes, Plaza del Progreso núm. 13”, del año 1859, obra en octavo mayor, de 225 páginas. Autor: Manuel Rúa Figueroa, el Abogado en turno de pobres que defendió el caso ante la Audiencia de A Coruña.

(Na obra faise unha reseña de toda a causa, desde o inicio do proceso, aínda que centrándose máis na parte da que se encargou o propio Rúa Figueroa. Inclúe literalmente os seus discursos e os do fiscal, xunto coas últimas sentenzas e as cartas da raíña Isabel II. Os informes do anterior avogado defensor, en Allariz, e a primeira sentenza non aparecen literalmente, tan só referidas as súas circunstancias.)
Reeditada por TECNOS no ano 2000.

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. –Inclúe a edición facsímile da Reseña-.

Consérvase un exemplar do expediente de Romasanta no Arquivo do Reino de Galicia coa sinatura 10.268, constituído por 7 pezas. Formaba parte da entrega de expedientes da Escribanía de Castro Arias que se fixo ao Arquivo en 1862. Unha vez rexistrado no Arquivo permaneceu “esquecido” durante máis de 70 anos. Non volverá a interesarse ninguén por el ata que Vicente Risco recorre ao proceso xudicial para o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, aínda que non consultou o expediente senón a reseña publicada por Rúa Figueroa. Si a consultou Carlos Martínez-Barbeito, quen seguramente a coñeceu por medio do seu avó, Andrés Martínez Salazar, que fora director do Arquivo do Reino de Galicia durante varios anos a finais do XIX e principios do XX. A consulta debeu realizala na sede da Audiencia Territorial, onde estaba situado entón o Arquivo do Reino de Galicia. Afortunadamente a causa non se perdeu durante os traslados de sede que experimentou este Arquivo e os seus fondos, converténdose nun dos documentos máis reproducidos do Arquivo do Reino de Galicia: entre o 2003 e o 13 lévanse feitas case oito mil copias en papel,  e case seis mil copias dixitais.



-1861. Estes informes orais tamén aparecen recollidos no libro “Colección de DISCURSOS FORENSES Tomo Primero”, publicados no ano 1861 pola imprenta de Luis Tassó, de Barcelona, aparecendo recollida a cita aos pregos de cordel que sinalamos antes na páxina 151.


sábado, 25 de abril de 2020

Bibliografía cronolóxica (I)


· Década de 1850. Pregos de cordel coetáneos ao proceso como o de “O lamentábel romance das moitas mortes executadas polo reo Manuel Lobo no reino de Galiza, como abría as vítimas e lles sacaba o unto”. Citado por Rúa Figueroa na Reseña da Causa contra Manuel Blanco Romasanta; descoñécese por completo, sendo esta a única referencia que se ten.
 

“También llegó a sus manos (refírese ao avogado defensor Rúa Figueroa) durante la sustanciación de la causa otro cuyo protagonista era su defendido: la exactitud de su relación se puede deducir del epígrafe que lo encabeza: “Nueva relacion y lastimoso romance reducido á manifestar al público, de las muchas muertes ejecutadas por el reo Manuel Lobo, en el reino de Galicia, como les abria y les sacaba el unto, y la justicia que se ejecutó con dicho reo el dia 4 de Agosto en la villa de Celanova en este año de 1853, con todo lo demás que verá el curioso lector.” No tiene año ni lugar de impresion.”

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 162 da Reseña.
 

· 1853: Prego de cordel: “Romance Histórico el que manifiesta los horrorosos crímenes cometidos en Galicia por Manuel Blanco Romasanta, de edad 43 años, Vecino de Regueiro, Partido de Allariz, transformándose en lobo por una maldición que su padre le había echado, comiéndose las personas que mataba, como á sido descubierto y el juez de dicho partido le ha aplicado la pena de muerte en el mes de junio de 1853”; publicado en Madrid, localizado na colección de Francisco Mendoza Díaz-Maroto: “Panorma de la literatura de Cordel española”, páx. 142 (Olleros&Ramos Editores, 2000). Dado a coñecer en 2007 polos irmáns Castro Vicente (Revistas Hibris e Lethes). É propiedade dun tal Eugenio Bahamontes e está feito na imprenta de Jose María Marés, na rúa Relatores-17 de Madrid. Consta de catro páxinas e presenta un grabado cun lobo e unha víctimas súas nas aforas dunha aldea. O único exemplar coñecido consérvase no Arquivo Castro Vicente.


· 1854: Retrato do home lobo realizado polo famoso litografista madrileño Vicente Urrabieta  (o único retrato seu coñecido), acompañado da descrición de Romasanta feita polos facultativos de Allariz. La Ilustración. Periódico Universal. 26-6-1854. Madrid.