domingo, 4 de febrero de 2018

Imitando a un paxaro

"Despois dunhas frases explicativas por ambas partes, volveron falar os tres da próxima viaxe a Francia e mesmo riron cando o propio Antonio Salgado París, decidido a restaurar o clima de boa amizade que atopara ó sentarse cando chegou, dixo que pola mañá vira o xastre Varela imitando a un paxaro debaixo das palmeiras do Posío. Estaba agachado, cun pano branco posto na cabeza e coas mans colocadas en forma de buguina. A ela veulle á memoria o recordo da figura cómica do personaxe, con aquela cara de sapo que tanto medo lle inspiraba cando era nena e tiña que pasar por diante do taller de xastrería para subir á casa de Fernando Temes, na rúa de Santo Domingo."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 106.

No hay comentarios:

Publicar un comentario