domingo, 30 de noviembre de 2014

Xente de sotana

"-Denantes de nada son fillos de Deus, e despois, tamén da miña filla.
     ...que é a miña muller. E si a min me parez que os meus fillos teñen que ir á escola laica, non ten vostede porque irllo consultar a ise barallán que é o crego da Peroxa, ou á mula falsa do párroco da Conceución, que aínda onte me deu os bos días co seu sorriso de fariseu.
 -¡Ouh!
 -A  ninguén, crego ou non, ten vostede que irlle pedir parecer do que sucede nista casa, e menos aínda a xente de sotana que só aconsellan pra a súa comenencia."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 180, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

sábado, 29 de noviembre de 2014

Precisamente por...

"-O meu pai non é home de dar largas, don Xaume. O que pasa é que a mamai Domitila...
-¿Quen é a mamai Domitila?
-A miña avoa, nai da miña nai, que agora está na Peroxa, onde son nascidas. Tamén ten eiquí unha casiña no Campo da Feira; pro, menos dormir, vivía connosco, até que rifou con meu pai precisamente por..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 179, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

viernes, 28 de noviembre de 2014

Unha cheia de xornais

"Na mesa había unha cheia de xornais doutras partes; tamén El Progreso i El Eco del Calvario de A., e unha revista, moi repetida, que tiña posto na dianteira: La España Moderna.

  Ollábase outra porta entreaberta; i eu, xa que estabamos nesas, quería seguir adiante, pra ver máis, pro o Paquito acojonouse;

  e todo o que fixemos foi coller cada un unha revista que, como había tantas repetidas ao millor nin se daban conta. E no mesmo intre de irmos saír, apareceu don Xaume, non sei por onde."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 174, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

jueves, 27 de noviembre de 2014

O letreiro novo

"E foi un día que pasabamos pola rúa do Dous de Maio, era xoves á tarde, que polo visto tampouco lles tiñan os xoves escola, que viñamos do xardín do Posío eu e mais o Paquito da Vendolla, de xogar ao marro;

 e vimos o letreiro novo, ESCUELA LAICA NEUTRAL, que era de ferro de fundición, que llo mandaran de Barcelona, pois os tallados en táboa escarallánballos a cantazos os requetés..."

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 173, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Feijóo / Blanco-Amor: libros desaparecidos

Hai xa máis de dous meses que Blanco-Amor entregoulle o testigo ao Padre Feijóo no  250 aniversario da súa morte. Agora tocar retornar aos carreriros de Blanco-Amor, máis ben ás rúas, de Auria. E nada millor que unha entrada que relacione aos dous escritores e as súas bibliotecas, desgraciadamente, con similares e traxicos finais.


"A principios de maio (de 1965, fala de Blanco-Amor) vaise a Madrid. Esta vez hospedase no Hotel Mediodía (...) Polas mañás traballa na súa Antología del Padre Feijóo -unha vez que xa conseguiu interesar aos do Centro Gallego de Bos Aires da importancia da obra- e visita a Biblioteca Nacional para localizar o traballo de Concepción Arenal sober o sabio benedictino, que EBA quere pór como prólogo da antoloxía."

"Por outra banda, a súa antoloxía do Padre Feijóo está xa lista (estamos no ano 67) e pronto sairá impresa no Faro de Vigo. Os do Centro Gallego de Bos Aires piden dous mil exemplares; doutros dous mil pode dispoñer el mesmo deles. El decide que os distribúa Galaxia"



"Aínda están en Vigo os caixóns con todas as miñas cousas, e parte grande dos libros, apodrecendo, vai para dous anos e medio, nos sótanos dunha botica polas paredes da cal escorre a auga en canto choven catro pingas. No medio o meu arquivo fotográfico con máis de trinta mil clichés...  

martes, 25 de noviembre de 2014

2014: Actos de homenaxe ao Padre Feijóo

1.676 (nacemento) - 1.764 (morte) - 1.876 (bicentenario nacemento) - 1.887 (inauguración da estatua en Ourense) - 1.964 (bicentenario da morte) - 2.014 (250 aniversario da súa morte)

Lembramos as actividades celebradas nestes meses en homenaxe ao Padre Feijóo:


EXPOSICIÓNS:

-"O ronsel dun sabio: 250 aniversario do pasamento do        P. Feijóo", dende o 26 de setembro ata finais de outubro de 2014. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela.  Exposición Virtual.

- "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", Centro Social AFundación. Praza Maior, Ourense. do 13 de outubro ao 30 de novembro de 2014.

- “O Padre Feijoo, a traza galega dun ilustrado universal”, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, do 21 de outubro ao 5 de decembro de 2014.

CHARLAS
-Seminario: B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da Ilustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764) Liceo de Ourense, xoves 9 de outubro de 2014. Organizado polo Consello da

lunes, 24 de noviembre de 2014

O sorriso do Padre Feijóo

"Paseniño vai mollando as pedras do Mosteiro mentres moreas de troitas e lampreas botan o funciño por fora da auga na percura cecáis da faciana enxoita do Padre Feijóo. As troitas nono sei pero as lampreas viven moito tempo. Algunha lembra aínda como o seu avó foi servido nunha cea ó emperador Adriano e mesmo llo contou a Margarita Yourcenar cando facía pescudas para escribi-lo seu famoso libro. Outras viran ó Padre Feijóo cando, hai xa un par de séculos, vivira no Mosteiro samonense.(...)

  Por todo o dito, as lampreas máis vellas do lugar, e sobre todo unha chamada ¡mira tí! Morgana, lembran ter visto ó Padre Feijóo, na tardiña, nunha fiestra que da sobre o río. Tódolos días á mesma hora víanno toma-lo aire arrecente mentres na súa faciana brilaba un sorriso de satisfacción.

  O que máis tiña mosqueada á Morgana era o sorriso. Non podía explicalo de xeito algún. ¿Sería un éxtasis místico? Santa Teresa tiña moitos éxtasis, Bernini colléuna nun dos máis groriosos e, de cando en vez, levitaba. Pero non parecía o caso. ¿Cabilaría nunha boa caldeirada de lamprea? Nono podería dicir, por iso,

domingo, 23 de noviembre de 2014

Álbum Literario

 "Lamas Carvajal alentou e participou en numerosas iniciativas ao redor da celebración do segundo centenario do nacemento do Padre Feijóo. Unha desas empresas foi o pensamento de creación dun álbum literario dedicado á súa figura. Anunciouse nas páxinas de El Heraldo Gallego e foi publicado na imprenta La Propaganda Gallega, que compartían sede social, Lepanto 18, e ambas as dúas propiedade de Lamas. Levaría por título: "La Aldea de Casdemiro", e como subtítulo: "Álbum literario dedicado a la inmortal memoria del ilustre crítico Padre Feijóo".

En abril de 1876 comezaron os preparativos. Prevíase un caderniño de dezaseis páxinas co poesías alusivas de diferentes persoas, e unha toma fotográfica da Casa de Casdemiro. Ese mesmo abríronse as subscricións á obra.

O día 10 de abril enviouse ao fotógrafo Bocconi, de orixe italiano, a visitar a casa de Casdemiro co fin da realización das tomas fotográficas.

(...) a fotografía reproduce unha vista da casa de Casdemiro tomada a media distancia. Apreciáse o corredor, nese momento ocupado polos propietarios da casa e os membros da redacción do Heraldo, desde o cal se contemplaba a vista das viñas que rodeaban a casa e máis alá a igrexa de Santa María de Melias e o leito profundo do río Miño. No álbum a fotografía ía montada pegado o papel fotográfico directamente á contraportada. Algúns dos exemplares portan a firma de Bocconi ao pé da fotografía. Foi ademais a base do gravado que se publicou en La Ilustración española y americana coincidindo co 8 de outubro de 1876.

En xuño anunciábase qu en poucos días sairía o álbum. Segundo se explicaba, a demora debíase a que quixeron aumentalo con máis traballos, sen que isto fose repercutir no prezo. Finalmente optouse por facer coincidir a súa saída co día central das celebración e así se reflectiu na cuberta.

sábado, 22 de noviembre de 2014

O día central

"O día central era o 8, aniversario do nacemento. Esa xornada amañecía cedo con repique de campás e gaitas tocando a Alborada. De sete a oito, a banda de música do Carballiño recorría a cidade. Habería distribución gratuíta de pan aos pobres (488 libras fornecidas pola panadería de Lobit) e a entrega dos premios aos mellores gandeiros do día anterior na Deputación Provincial.  Ás doce comezaría no Teatro da Paz o máis importante dos actos, o Certame literario, para o que se decorou o teatro especialmente con velas para iluminar  convenientemente, colgaduras e alfombras. Destacaba no centro o retrato do Padre Feijóo e ao seu pé as súas obras. O palco da presidencia reservouse para os representantes da prensa galega. Comezou a entrega de premios cun discurso do secretario da Comisión do centenario Juan de la Cruz Izquierdo, quen narrou como se sucederon os feitos ata chegar á  homenaxe do segundo centenario. A continuación cedeulle a palabra ao secretario do xurado, Jesús Muruais, quen pasou a ler a decisión do xurado. Este declarou deserto o premio máis importante, o estudo crítico biográfico e concedeulle os restantes premios ás poesías de Lamas Carvajal, Emilia Pardo Bazán e Arminda Flora Serrano (en realidade, pseudónimo de Lamas Carvajal). A rosa e o pensamento de ouro, obxectos ofrecidos como premio foran encomendados ao xoierio  de Santiago José V. Lorenzo, cuxo custe ascendeu a 2.500 reais. Presentáranse catorce traballos ao certame, ademais dos publicados ao ano seguinte na monografía do mesmo título que o certame, o presentado baixo o nome de Arminda Flora faríao na revista La moda elegante. Dous dos traballos presentados ao concurso, a biografía co número 4 e lema "Los rayos que despiden las frentes de los grandes hombres forman reunidos la aureola del género humano" e o número 9, poesía co lema "deveselle tanto a este fillo amada terra que deixa o teu agradecemento caise que non se coñeza" consérvanse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense."

"Festexos celebrados en Ourense para conmemorar o segundo centenario do nacemento do Pade Feijóo", do Catálogo da exposición "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", páx. 183-185, Xunta de Galicia, celebrada en Ourense en outubro de 2014.

viernes, 21 de noviembre de 2014

A Esmorga: Transposicións

A.) Texto orixinal: A Esmorga, abril de 1959, novela en lingua galega de Eduardo Blanco-Amor. Publicada na editorial Citania, Bos Aires.

B.) Novela autotraducida ao castelán: La Parranda, setembro de 1960, de Eduardo Blanco-Amor. Publicada pola Compañía General Fabril Editora, Bos Aires.


A partir de A) e B) virán todas as transposicións seguintes:

1.) Parranda, película estreada o 17 de marzo de 1977 no cine Bulevar de Madrid, de Lotus Films, dirixida por Gonzalo Suárez, figurando como guionistas: Gonzalo Suárez e Eduardo Blanco-Amor.


   Esta transposición fílmica parte de dúas transposicións anteriores, en forma de guións cinematográficos:

  1.1.) La Parranda / La Esmorga, guión cinematográfico de Eduardo Blanco-Amor, no seu orixinal mecanográfado aparecen dúas datas: na primeira páxina, baixo o título pon: Ourense, 1971; e no final: 4 de agosto de 1967, 11:45h (Publicado no ano 1994 polo Centro Galego de Artes da Imaxe-Xunta de Galicia co título La Parranda e outros guións inéditos.


  1.2.) Parranda, guión cinematográfico de Gonzalo Suárez, no que se baseara a película, que parte do guión  de Blanco-Amor, ao que lle engade elementos inspirados nos relatos de Guy de Maupassant: "Une ruse" e "La question du latin".

(Parece ter existido outro guión do director de cine ourensán Eloy Lozano que antes de que se venderan os dereitos a Lotus Film estaba coa idea de rodar o filme)

2.) A Esmorga, representación teatral da compañía ourensana "Sarabela Teatro", dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda, estreada o 10 de febreiro de 1996; reposta novamente en 2009, co estreno no Auditorio de Ourense 0 18 de setembro; a partir da:
1996
2009

   2.1.) Adaptación teatral de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro.

3.) A Esmorga, película, en galego,  estreada o 15 de novembro de 2014 no Auditorio de Ourense, e nos cines de toda Galicia o venres 21 de novembro, de Vía Láctea Films, dirixida por Ignacio Vilar, a partir do:


  3.1) Guión cinematográfico de  Ignacio Vilar e Carlos Asorey.

jueves, 20 de noviembre de 2014

Segundo centenario do nacemento

"Como representante de La Ilustración española y americana, Federico Guisasola asistiu aos actos en conmemoración do segundo centenario do nacemento do Padre Feijóo, tomando apuntes ao natural que posteriormente trasladaría ao gravado. Destes debuxos publicouse na revista o 30 de outubro (de 1876) este mosaico de imaxes que sintetizaba as funcións organizadas durante eses días. Anteriormente apareceran tamén o retrato do Padre Feijóo e o gravado no que se reproducía a casa de Casdemiro.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Un arco de estilo neomudéxar

 "Dentro dos actos festivos con motivo da inauguración da estatua do Padre Feijóo levantouse na denominada travesía  da rúa de Alba un arco de estilo neomudéxar, deseñado polo profesor do Instituto Antonio Torres Tirado (1850-1907).

(...) En Ourense a aplicación deste estilo arquitectónico non tivo éxito. Tiña na súa contra o fácil acceso ás canteiras de granito de boa calidade como materia prima que o gremio de canteiros traballaba de forma insuperable.

Agora ben, a plasticidade da estrutura de ladrillo permitía desenvolver un amplo programa decorativo de forma moi sinxela e económica en obras, que como no caso presente, non estaban destinadas a perdurar.

martes, 18 de noviembre de 2014

Unha nova praza

"A colocación da estatua significará a renovación urbana dunha das máis antigas entradas da cidade. Logo dos actos de colocación da primeira pedra do futuro monumento dedicado ao Padre Feijóo o Concello acordou a remodelación da denominada Praza de Isabel a Católica. Ademáis da razón primixenia existían outras de carácter simbólico que fundamentaban a actuación. Era un espazo situado entre o pazo do gobernador e Deputación Provincial, ó carón doutro edificio representativo da cidade como é o Seminario e Instituto no nacemento dunha nova rúa, a futura (ou actual) rúa do Paseo, na que o Concello está pondo os seus esforzos.

A corporación encoméndalle a formación dunha nova praza ao mestre de obras Emilio Meruéndano, quen en 7 de decembro dese ano presenta a memoria dos traballos cos seus obxectivos. Trátase de regularizar a praza, pechar cun muro a horta do Seminario e respectar as servidumes dos edificios que existían entón. O proxecto contemplaba a construcción dun xardín elíptico, circunvalado por un paseo -camiño de sete metros de ancho. Para conseguir un bo resultado debía buscarse un plano horizontal por medio do rebaixe do terreo na zona da rúa do Instituto e o terraplenado na zona de maior desnivel que era a de contacto coa denominada rúa de Esperanza.

lunes, 17 de noviembre de 2014

"La Ilustración Española"

"Por medio dunha fotografía realizada no momento da inauguración da estatua, enviada á redacción da revista "La ilustración española y americana", realizouse este gravado que acompañaba a crónica publicada na mesma publicación. A imaxe, remitida por Pereiro Rey fora tomada  polo fotógrafo Francisco Prieto. Este era natural de Ourense e prezábase nos anuncios da época de ser o primeiro en abrir un estudio fotográfico nesta cidade, establecemento denominado como "La luz universal", en realidade quizais o primeiro que se estableceu de forma fixa e empregou a iluminación artificial para o retrato fotográfico.

  A imaxe recolle a expectación e a masiva afluencia de xente reunida para o acto, moita dela protexida con parasoles debido ao intenso sol que lucía. As crónicas da xornada recollen a expectación e emotividade con que se desenvolveu. É o caso do relatado por Pardo Bazán, que presente o día da inauguración, narra como algunhas das persoas asistentes se axeonllaban e recitaban un nosopai diante da estatua. Pola súa banda, García Ferreiro, nunha crónica para un xornal, recollía a destacada emoción dun dos presentes: "Un hombre lloraba en aquel momento al ver realizadas ilusiones perseguidas por él con enividiable constancia: D. Manuel Pereiro Rey, presidente de la Comisión del centenario".

domingo, 16 de noviembre de 2014

Con motivo da inauguración da estatua

"Indudablemente o día principal era o 8 de setembro no que se descubría a estatua por todas as autoridades e o público xeral que se desprazara ao evento. Ese día comezaba cunha misa de campaña ás nove da mañá oficiada polo Bispo, baixo o arco de triunfo erguido para a ocasión. Sería as doce cando a comitiva, saíndo do Pazo provincial, se dirixiría cara á Praza de Isabel a Católica e mentres soaba o himno interpretado polos alumnos do Seminario Conciliar con letra de Jesús Muruais, descubrir a imaxe á unha da tarde.

  Mais os actos comezaron o día anterior coa Exposición Provincial de Ganados na Alameda do Cruceiro. (...)

  O Colexio Médico-Farmacéutico organizaba para o día nove o certame científico no que se propuña unha temática de temas aplicación práctica: investigacións das adulteracións dos alimentos principalmente consumidos en Galicia e o estudo do mellor método para evitar o desenvolvemento de enfermidades infecciosas na cidade. Previo discurso dos doutores Fuentes e Teijeiro, o primeiro premio -unha pluma de prata- foi concedido ao farmacéutico da Coruña Gumersindo Pardo Reguera e un accésit ao médico do batallón de infantería de Murcia Félix Estrada.

  A entrega do premio foi presidida por Emilia Pardo Bazán quen invitada a falar tivo que improvisar -segundo a crónica periodística, aínda que a realidade era que levaba tempo preparándoo- un discurso sobre o Padre Feijóo que os asistentes cualificaron de moi meritorio.

  Máis conflictivo resultou o apartado musical en relación ao orfeón que mellor interpretase as composicións..."

"Festexos celebrados en Ourense con motivo da inauguración da estatua do Padre Feijóo en 1887", do Catálogo da exposición "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", páx. 204-205, Xunta de Galicia, celebrada en Ourense en outubro de 2014.

sábado, 15 de noviembre de 2014

A Esmorga Filme

"A Esmorga", película de Ignacio Vilar, estreouse o 15 de novembro de 2014 na sala principal do Auditorio de Ourense na gala inaugural da decimonovena edición do Festival Internacional de Ourense ás 20:30 horas. O Cibrán, o Bocas e o Milhomes, xunto ao resto do universo literario da mítica novela, achegáronse de novo ás rúas de Auria, onde naceron. Esta vez en pantalla grande. E ben preto de onde descansa o seu creador, Blanco-Amor, que de seguro andivo un chisco entre as butacas.




                                                       
     Web oficial da película


viernes, 14 de noviembre de 2014

8 de setembro de 1887

Cunca recordo dos festexos de 1887
"Un dos acontecementos máis sinalados na historia da cidade de Ourense foi a inauguración da estatua do Padre Feijóo. Narran as crónicas que foi unha grande multitude de persoas as que acudiron á chamada da celebración, efecto que se vía multiplicado pola coincidencia nas datas coa concorrida romaría da Virxe dos Remedios. Esas mesmas informacións cifran nunhas 20.000 persoas os asistentes, número que podería parecer esaxerado para unha cidade como Ourense, que segundo o padrón municipal dese mesmo ano tiña 9.998 habitantes, mais a dia 8 de setembro contabilizábanse en 8.177 os viaxeiros chegados só en tren, para o que por certo a compañía ofreceu prezos reducidos. De forma que non é estraño que as hospedaxes estivesen cheas, os veciños habilitasen as súas casas e mesmo que moitos forasteiros se visen obrigados a durmir ao raso. En gran medida, este éxito foi debido ao programa de festexos que durante cinco días complementaron ao acto principal.

 Un dos atractivos da celebración era a variedade da programación que podía satisfacer o gusto dun amplo abano de persoas.. Certames científicos, literarios e musicais mesturábanse con exposición de gando, fogos artificiais, iluminacións artísticas ou bailes, ademais da animación musical de rúa."

"Festexos celebrados en Ourense con motivo da inauguración da estatua do Padre Feijóo en 1887", do Catálogo da exposición "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", páx. 204, Xunta de Galicia, celebrada en Ourense en outubro de 2014.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Cual Sol que alumbra el cielo del porvenir

Cabecera do xornal "El Heraldo Gallego"
"Especialmente importante no aniversario do bicentenario de nacemento de Feijóo en 1876, foi a publicación El Heraldo Gallego, dirixida por Lamas Carvajal.

(...) Nela, ademais de publicarse as crónicas referentes aos antecedentes e as xornadas festivas celebradas, efectuouse un labor de divulgación da obra e biografía do Padre Feijóo e promovéronse outras actividades complementarias.

O gravado que encabezaba cada número da revista -a partir do número 110-  foi realizado polo debuxante Federico Guisasola Lasala (1830-1882).

(...) A estampa, dentro do ano 1876 dedicado ao Padre Feijóo, viña a resumir a aspiración da revista dunha Galicia unida para poder chegar a ser un pobo "feliz, independiente y próspero". Nel acollíase a representación de todos os seus símbolos: "Hoy aparecen a la cabeza de El Heraldo Gallego, las torres de la Catedral de Santiago, la muralla romana de Lugo, el puente mayor de Orense, las ruinas de Santo Domingo en Pontevedra, la torre de Hércules de la Coruña, los atributos de las ciencias, artes y literatura, nuestra clásica gaita gallega, los emblemas de la riqueza agrícola y ganadera del País, y en medio de este conjunto, cual Sol que alumbra el cielo del porvenir de Galicia, el busto del sabio crítico P. Feijóo, lumbrera del siglo XVII (sic)".

Catálogo da exposición "O Padre Feijóo: Cidadán libre da República Literaria", Xunta de Galicia, páx. 186 (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. outubro-novembro de 2014)
Imaxen tomada de "Galiciana digital", vía o blog: diariodeunmédicodeguardia
"El Heraldo Gallego": xornal fundado e dirixido por Valentín Lamas Carvajal, editado en Ourense entre 1874 e 1880.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

«Certamen literario en conmemoración del nacimiento del sabio Padre Feijoo»

"La oportunidad para rehabilitar la memoria de Feijoo la encontraron sus paisanos en la conmemoración del centenario, que suscitó un número mayor de trabajos, casi siempre breves, publicados la mayoría en la prensa. En Orense, provincia donde había nacido Feijoo, se creó una Comisión para la celebración de los actos conmemorativos, entre los que figuraba la convocatoria de un concurso en el que se concederían cuatro premios literarios. El anuncio del«Certamen literario en conmemoración del nacimiento del sabio Padre Feijoo» apareció en el Heraldo Gallego a finales de 1875 (II, 50, 1875, págs. 102-103). El fallo tendría lugar en Orense el 8 de octubre de 1876. La historia del concurso pone de manifiesto la controvertida interpretación de la persona y de la significación de Feijoo a finales del XIX. Las cosas no resultaron fáciles para los miembros del jurado designado por la Comisión del Centenario, elegidos al azar entre «cuarenta nombres de hijos distinguidos de Galicia, que hubiesen probado su capacidad científica o literaria en la cátedra, la prensa, la tribuna o por cualquier otro medio de publicidad». Como resultado de sus deliberaciones, el jurado reunido en el Teatro de Orense el 8 de octubre de 1876, concedió solamente dos de los cuatro premios convocados. Por seis votos contra tres, otorgó el pensamiento de oro y plata a la poesía A

martes, 11 de noviembre de 2014

Pequeña ciudad ferviente de anhelos y apasionada por las ideas

"No podemos olvidar los momentos de ferviente entusiasmo vividos por Orense, en los días de la inauguración de la estatua del Padre Maestro. No era la primera. La primera obra del artista compostelano Juan Samartín y Serna, que la modeló en Madrid, en 1858, fue adquirida por el Estado y colocada en la Biblioteca Nacional antigua. En el nuevo edificio de Recoletos no figura ninguna estatua del autor del "Teatro Crítico".
 Ignoramos a donde haya pasado esta obra notable, según un crítico que escribe en 1884, por la "clásica simplicidad, noble caída de los paños, y muy especialmente por la expresión de la cabeza... inclinada con cierta melancólica dulzura sobre el folleto escrito tal vez por alguno de sus muchísimos detractores".

 Orense era en 1887 una pequeña ciudad ferviente de anhelos y apasionada por las ideas: era el Orense de Curros, de Carvajal, de Saco y Arce, del comienzo de una época y el saudoso recuerdo de otra. La estatua como vindicación y como noble tributo, se debe sobre todo a la energía e inquebrantable voluntad de un patricio orensano, el letrado y banquero don Manuel Pereiro Rey, vecino de la Plaza Mayor, al que se refiere el poeta y orador Alberto García Ferreiro al escribir la crónica de aquellos días inolvidables, que entre las aclamaciones de los veinte mil asistentes al descubrimiento de la estatua el día 8 de septiembre un hombre solo "lloraba" al ver realizado su gran pensamiento después de muchos años a prueba de "contrariedades y disgustos". Asistieron muchas notables figuras de Galicia y fuera de ella: Paz Nóvoa, Pérez Placer, Labarta, Cid Hermida, Alfredo Brañas, Placer Bouzo, Nicolás Taboada, Torcuato y Renato Ulloa, el doctor Maximinio

lunes, 10 de noviembre de 2014

Risco e a estatua do Padre Feijóo


Nunha das primeiras colaboracións de Vicente Risco para o diario La Zarpa, en outubro de 1921, o asunto elixido foi a estatua do Padre Feijoo e particularmente o simbolismo que aos ollos de Risco tiña a súa especial ubicación na cidade de Ourense. O monumento fora inaugurado en 1887 e viña a ser a homenaxe, un pouco tardía, con motivo do segundo centenario do nacemento do polígrafo sen dúbida máis relevante que deu a nosa provincia.
O texto está cheo de ironías ao máis puro estilo Risco. E non só iso, proporciona unha interesante descrición da vida da época. Ninguén como don Vicente para observar ese detalle que ao resto dos mortais se nos escapa. Manteño a ortografía orixinal porque ademais penso que transmite moi ben esa forma de falar que temos os ourensáns.
Ourense e o P. Feixóo
Aquela praziña leda e churrusqueira está antr'o Ourense novo y-o Ourense vello. Horto pechado aquil xardiniño, esí e todo, sentados no poyal, poden botar unha pausa os paisanos que veñen á vila, os traballadores nas horas de lecer, os probes nas horas que non son horas de pidir.

domingo, 9 de noviembre de 2014

Historia de la estatua del Padre Feijóo

Plubia
"Hace hoy 127 años, un 8 de septiembre de 1887, se inauguraba la estatua del padre Feijoo en la ciudad, en un acto solemne que es recordado especialmente este año, cuando se cumplen 250 de su muerte.
Todo, es decir, la decisión de dedicar una estatua al padre Benito Jerónimo Feijoo en la ciudad de As Burgas, empezó con la creación de una Comisión, en 1875, encargada de poner en marcha la vieja idea lanzada 20 años antes de levantar un monumento al ilustre pensador, ensayista y polígrafo ourensano, que pasó a la historia como uno de las más destacadas figuras de la Ilustración española. La comisión la formaban destacados señores de la localidad: el marqués de Leis, Manuel Pereiro Rey; Juan Manuel Paz, Venancio Moreno, Tomás Portabales, Valentín Lamas Carvajal, Juan Sieiro González, Ramón Pedrayo Silva, Feliciano Pérez Bobo, Joaquín Vila , Constancio López Corona, Arturo Vázquez y Juan A. Saco, quienes , aprovechando el segundo centenario del ilustre fraile, ponen manos a la obra para que el proyecto se haga realidad. Su primera actividad es levantar un pedestal sobre el que iría la estatua del ilustre ourensano . Como suele suceder, en 1880 la Comisión se encontraba con que no podía continuar el proyecto por falta de dinero.

sábado, 8 de noviembre de 2014

Ó nacemento do Padre Feixóo

Aló na aldea de Casdemiro,
vese unha casa, dolce retiro
dunha familia nobre e leial;
as ledas auras i o vento louco,
o río Miño pouquiño a pouco
seus negros muros bicando van.

Grandes recordos de groria encerra
aquela casa da nosa terra
que bica o Miño murmulador;
alí, os ollos abriu no mundo
o escrarecido xenio fecundo,
o renembrado PADRE FEIXOO.

Foi unha tarde que o sol morría...
Aló nos soutos leve harmunía
iban facendo murmuxos mil;
daban perfumes as brancas fores,
os paxariños cantos de amores,
o río, as auras, ecos sin fin.

viernes, 7 de noviembre de 2014

A cencia perseguida

"-¿Non está en pena tua xente?
-Non: esa miña Compaña
é a d´os santos d´Oucidente.
Viriato, ise patriotismo,
Prisiciliano, ise bon senso,
María Pita, ise heroismo,

Macías, o amor mal  pago,
Feixóo, a cencia perseguida,
Vesteiro, d´a fe o estrago;

Ises compatriotas nosos,
que en procesión me seguiron
despedíndome chorosos,

Todos ises y-outros tantos
que non canoniza a igrexia,
sonche os verdadeiros santos.
Selo emitido en 1947 con base no gravado de Juan Bernabé Palomino

Manuel Curros Enríquez, O divino sainete, ed. do Castro, A Coruña, 1994 (2ª edición), páx. 63

jueves, 6 de noviembre de 2014

Albos sonos de novicio

"Á súa beira, axexador de rumbos, 
teceu seus albos sonos de novicio
o esgrevio monxe nado no recuncho
de Casdemiro."

Do poema "O alciprés e a ermida", do poemario de Ramón Cabanillas: Samos (1958), na edición de Xerais, 2009, páx. 101

miércoles, 5 de noviembre de 2014

"Loa"



"Saludemos la genial y severa figura de Curros Enríquez. Sin él, sin su profundo sentimiento de la justicia, su acento bronco o cándido, sin acomodos, no puede ser explicada la vida intelectual y la sociedad literaria de la Galicia de su tiempo. En relación con las conmemoraciones feijonianas aparece en el "Album de Casdemiro", honra el concurso literario con tres de las mejores composiciones gallegas de su arte poderoso, de su profundo amor a Galicia.  Una de ellas es la leyenda "A Virxe do Cristal", para muchos la rosa insigne de la Poesía Gallega moderna. La compuso con el pensamiento unido a la memoria de su madre. Directamente al nombre del P. Feijóo dedicó una singular composición en verso castellano, una "Loa", escrita en fluido metro en "horas veinticuatro", como tantas de Lope, para la compañía infantil de Luis Blancy, por ella representada en el Teatro Principal de Orense, el 3 de junio de 1879. El objeto era el eterno en el siglo de los cambios y crisis, de las cuentas por reales: allegar fondos para la estatua del P. Maestro. Al año siguiente fue impresa en la imprenta de A. Otero, con dedicatoria al escritor y protector de escritores José Ogea. En la empresa mostró el autor de "A Virxe do Cristal", su facilidad de versificador en castellano semejante a la de Zorrilla, sobre un argumento desplazado en sus ejes afectivos."

Ramón Otero Pedrayo, El Padre Feijóo: Su vida, doctrina e influencias, Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo", Orense, 1972, pág.755

martes, 4 de noviembre de 2014

Apoteosis

" (De nueveo suena la rondalla, cuyas notas van desvaneciéndose lentamente, después de haber acompañado este cantar):

Castilla tiene el talento,
Aragón tiene el valor;
Galicia lo tiene todo,
pues tiene al Padre Feijóo.
¡Paso a la litera!
Nave en que hizo Dios
que a salvo quédase
de Marta el amor.

Feijóo: ¡Oh, esos aires me recuerdan
los aires de mi Galicia...
¡Casdemiro! ¡Casdemiro!
¡Solitaria cuna mía!
¡Quizá ya nunca mi nombre
en tus valles se repita!
(...)
                     APOTEOSIS
La estatua colosal del Padre Feijóo, levantada en el centro de un hermoso jardín, según el proyecto de la que se le erigirá en Orense, aparece rodeada de resplandores de gloria, destacándose sobre un horizonte espléndido de luz. Un magnífico enverjado le rodea, sobre cuyas columnatas, rematadas en pebeteros, arderán deliciosos aromas y descenderán ramos de vistosas flores. Este cuadro puede hacerse más o menos sorprendente, y se deja al gusto del pintor escenógrafo y de los actores. - (Telón)

Manuel Curros Enríquez, "El Padre Feijóo" (Loa dramática), en Obras Completas, T.II, segunda edición, Madrid, 1921, págs. 171-172

lunes, 3 de noviembre de 2014

Mascarilla del Padre Feijóo

Máscara mortuoria
El escultor y arquitecto Bernardo de la Meana realizó el molde del rostro del Padre Feijoo tras su fallecimiento el 26 de septiembre de 1764. El camarín con la máscara presidió las exequias fúnebres y era de tal calidad que muchos creyeron que era la cabeza del difunto.


Librería de Casdemiro en la época del P. Feijóo, con la máscara mortuoria
Imágenes: Ramón Otero Pedrayo, El Padre Feijóo, Su vida, doctrina e influencias, entre págs. 64-65, Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo", Orense, 1972

domingo, 2 de noviembre de 2014

Un pingüe mayorazgo

"Fue la primera en emigrar la madre. Como si su falta señalara un cambio profundo, no tardó en seguirla el esposo. La marcha del mayorazgo debió causar impresión en Casdemiro, en Allariz, en El Mato, en Augas Santas, en todos los pazos y casas de la extendida parentela y sus amistades y prioratos relacionados con ella. Pero la ley de la sangre y de la tierra sigue imperando con sus graves preceptos de eternidad. El mayorazgo se fijó en Casdemiro. Por lentos caminos, se fue estableciendo la superioridad de la ribera del Miño sobre la del Arnoya, de Melias sobre Allariz, en ello influyó, quizá, el nacimiento de Fray Benito. Lo heredó Anselmo. Plácido se estableció en la villa de Allariz. El hermano mayor, legitimado, en el que Don Antonio ponía toda su confianza, heredó según todas las posibilidades, la casa del Mato, con el nombre tradicional de la familia y sus honores y ventajas.

  Algunos escritores -de ellos Murguía y Millares- subrayan, enalteciendo al P. Feijóo, su renuncia a un pingüe mayorazgo. En las operaciones catastrales para la Contribución llamada la "Única", aparece el Señor de Casdemiro, Don Anselmo, de 70 años, con bienes más bien pequeños y dispersos que extensos y compactos. Algunos de ellos con olivos, otros con viñas y parrales. (...)

  Volveremos a encontrar en el transcurso de este trabajo, nombres citados recordando la niñez del P. Feijóo, fondos amados del paisaje. Las umbrías del Mato, el aguafuerte de Allariz, las gracias del valle del Miño quedan lejos. Al tomar el camino de la sierra a los catorce años no podía imaginarse el candidato a la tonsura monacal que caminaba también a una refulgente e inextinguible gloria mundana."

Ramón Otero Pedrayo, El Padre Feijóo, Su vida, doctrina e influencias, págs. 55-56, Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo", Orense, 1972

Imagen: "Retrato del Padre Feijóo" de Juan Bernabé Palomino. Gravado sobre papel. Ourense, colección particular. Del catálogo de la exposición: "Cidadán libre da República Literaria", outubro de 2014, Ourense.

sábado, 1 de noviembre de 2014

A distancia parecida, en otro pazo

"Y antes de despedirnos de los lugares exornados por la leyenda monástica y por gracioso epicureismo de los pámpanos, notemos, como aguas arriba del puente ojival y barroco de Orense en un "pazo" nació el P. Feijóo, y a distancia parecida, en otro pazo, augas abajo de la puente, otro religioso, varón erudito, Don Juan Antonio Saco y Arce, autor de la primera gramática gallega, folklorista insigne que, de haberle concedido Dios larga vida, hubiera dejado obra trabada para resistir la erosión del tiempo."

Ramón Otero Pedrayo, El Padre Feijóo, Su vida, doctrina e influencias, pág. 53, Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo", Orense, 1972