domingo, 31 de marzo de 2019

1134

"Ise lugar de Cudeiro
de lonxe parece vila,
se non foran os outeiros
que ten ó lado d´arriba."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 157

sábado, 30 de marzo de 2019

1133

"Quédate con Dios, Ourense,
co´as tuas ourensanas,
que me vou pr´a miña terra
d´as miniñas aldeanas."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

viernes, 29 de marzo de 2019

1132

"O que quixere bos mozos,
váyase a terra d´Orban;
non hai pelico de zorro,
que leve fanega de pan."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

jueves, 28 de marzo de 2019

1131

"O que quixere bos mozos,
váyase a terra d´Oseira;
hai-n-os de media polaina,
hai-n-os de polaina inteira."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

miércoles, 27 de marzo de 2019

1129

"De Villamarín arriba
non vayas a namorar;
sonche criadas n-a serra,
non saben parrafear."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

martes, 26 de marzo de 2019

1127

"Viva Toubes, viva Toubes
con tódo-los arredores,
terra de moita castaña;
vivan os apañadores!"

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

lunes, 25 de marzo de 2019

1126

"Viva Toubes, viva Toubes,
e tamén Villarubín,
viva Toubes, viva Toubes,
terriña donde eu nacín."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

domingo, 24 de marzo de 2019

1125

"Bótam´outra, bótam´outra,
qu´esa non-a apercibin.
Por baixo de Galiñeiras
está o lugar de Abedín."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 156

sábado, 23 de marzo de 2019

1122

"Aláa arriba n-o Olivar
hai unha pedra redonda,
onde se sentan os mozos,
cando van ver a Candonga."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 155

viernes, 22 de marzo de 2019

1121

"O lugarciño de Puga
de lonxe parece vila;
ten un loureiro n-a entrada,
e n-a salida unha oliva."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 155

jueves, 21 de marzo de 2019

1120

"Todo-los que vén a Puga
han de pagar ben o viño,
e se no queren esí,
que marchen po-lo camiño."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 155

miércoles, 20 de marzo de 2019

1119

"Sardiñas frescas d´o mar,
quén che me dera un milleiro,
pantrigo de Ribadavia,
nenas d´o chan d´Amoeiro."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 155

martes, 19 de marzo de 2019

1118

"Val mais unha d´Amoeiro
co´a sua saya de picote,
ca unha ducia d´o Ribeiro
con cen ducados de dote."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 155

lunes, 18 de marzo de 2019

1116

"Os soldados vanse, vanse,
vanse por Cudeiro arriba;
as rapaciñas d´Ourense
choran que cortan a vida."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 155

domingo, 17 de marzo de 2019

1113

"¡Ai que me doi a cabeza!
¡Ai que me doi a moleira,
de carrexar o estrume
alá de Pena Corneira."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 154

sábado, 16 de marzo de 2019

566

"Adios, ciudade d´Aurense,
nunca tí foras fundada!
A frorciña de Galicia
ehí che queda resellada."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 151

viernes, 15 de marzo de 2019

1006

"Eu heime d´ir ó Xurés
con estas miñas amigas,
hemos de botar un neto
y-hemos de comprar sardiñas."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 137

jueves, 14 de marzo de 2019

983

"Ont´e a noite fun á ronda,
pasei n-a costa d´as Antas;
o que rompin de zapatos,
tamen-o forrei en mantas."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 135

miércoles, 13 de marzo de 2019

972

"Adios, cidade d´Aurense!
Adios, figueira d´os figos!
Nunca ch´estou mais contento
c´agora cos meus amigos."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 134

martes, 12 de marzo de 2019

952

"A subil-a y-a baixal-a
a costiña de Canedo,
a subil-a y-a baixal-a,
perdín a cinta d´o pelo."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 123

lunes, 11 de marzo de 2019

836

"D´outro lado d´o río
ouvin cantar e chorei;
eran os meus amores
que iban para Monterrei."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 123

domingo, 10 de marzo de 2019

813

"D´outro lado d´o río
ouvin cantar e vin;
eran os meus amores
que iban para Verin."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 121

sábado, 9 de marzo de 2019

802

"Santa Marta d´Entrimo,
Santa Marta de Lobeira;
a muller que come a nata,
non pode ter a manteiga."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 120

viernes, 8 de marzo de 2019

775

"Pasei a ponte d´Ourense,
con ferriños e pandeiro,
no´encontrei mayor amigo
c´a bolsa c´o meu  diñeiro."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 118

jueves, 7 de marzo de 2019

556

"Adios, Fondo de Vila,
que se vai Maria Antonia.
¿Quén ha d´abrir e cerrar
ventanas de Celanova?"

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 101

miércoles, 6 de marzo de 2019

Detrás da néboa o felo (VI)

CINZA

"Arrostra o mar a máscara do día
cun xesto azul de clara escuridade.
A chuvia entre as pupilas, a saudade
levemente marfil xunta a avreguía.

Rosma o solpor febril, queda utopía
ancorada na cinza: exhausta idade
que se perde mordaz na inmensidade,
que se agocha baleira na ardentía.

O mar esculca o vendaval vizoso.
Co paraugas da man baila inconsciente.
Do chocallo, a harmonía, o seu saloma.

Simplemente vivir, grisáceo aroma,
requente sabor doce, aínda se sente
disfrazarse en Maceda o mar vidroso."

“Detrás da néboa o felo” de Alexandre Nerium (seudónimo de Francisco Manuel López Martínez, Fisterra-1960)


Ed. Amastra-N-gallar. Santiago de Compostela, 2014. páx 31. Edición non venal.
(Fonte: www.felosdemaceda.com)

Carguizoi, 23 de febreiro de 2019.


martes, 5 de marzo de 2019

Detrás da néboa o felo (V)

"Este mar inundouse de promesas
case efémeras, túrbidas, convulsas
contra os flocos das ondas intanxíbeis.
O anzol retrovisor desta hipotermia
semella da gravata a cor das ascuas.

No autobús da saudade o alento proe
coa asfixia dunha nube desangrada,
coa carauta mordaz da caramuxa.
Segue a nevar o vento e o sono morre.
Detrás da néboa o felo a voz apaga."

“Detrás da néboa o felo” de Alexandre Nerium (seudónimo de Francisco Manuel López Martínez, Fisterra-1960)


Ed. Amastra-N-gallar. Santiago de Compostela, 2014. páx 27-29. Edición non venal.
(Fonte: www.felosdemaceda.com)

Carguizoi, 23 de febreiro de 2019.




lunes, 4 de marzo de 2019

Detrás da néboa o felo (IV)

"Sente a avidez dun xaramiño enfermo
golpeando das amuras o solsticio.
Podrece o tempo, absorto, na voráxine,
cara ás mitras sen luz e sen salouco
de aigas coas ás abertas, deslembradas.

Este caxato-mar xa non ten cura,
non volve guindar creba a estas coieiras
nin alpacas que agochen o infortunio,
tan só corpos comestos de gaivotas
e o salobre mentir da equidistancia."

“Detrás da néboa o felo” de Alexandre Nerium (seudónimo de Francisco Manuel López Martínez, Fisterra-1960)


Ed. Amastra-N-gallar. Santiago de Compostela, 2014. páx 23-25. Edición non venal.
(Fonte: www.felosdemaceda.com)

Carguizoi, 23 de febreiro de 2019.


domingo, 3 de marzo de 2019

Detrás da néboa o felo (III)

"Carantoña: Quizáis das carballeiras,
de cruel relasca ós ollos: mans desfeitas,
adoite o mar ser fume de palloza
de eterno buligar. Nalgún entroido
outro equinoccio arrostre a madrugada."

II

A MÁCARA DO MAR

"A máscara do mar ten ollos gacios.
Un sorriso de furna cada tarde
sostén na comisura o precipicio.
O acantilado afirma a súa ollada
desminte o que pasou ás sete vagas."

“Detrás da néboa o felo” de Alexandre Nerium (seudónimo de Francisco Manuel López Martínez, Fisterra-1960)


Ed. Amastra-N-gallar. Santiago de Compostela, 2014. páx 17-21. Edición non venal.
(Fonte: www.felosdemaceda.com)

Carguizoi, 23 de febreiro de 2019.

sábado, 2 de marzo de 2019

Detrás da néboa o felo (II)

"Pelicas de raposa, aigas en mitras,
brancos mouchos de endexamais regreso
cara á terra. Coa noite o val esperta
baixo as uces. No seu voar a anguria
cuberta de nostalxia e de xeada.

Treme coa dor o fustigar da orixe.
Ataviar de alamares a inconsciencia.
Núa abordaxe da cinzarra: o orballo.
Abofé que o solpor a cor camufla.
E a vaga da soidade o ardor acada."

“Detrás da néboa o felo” de Alexandre Nerium (seudónimo de Francisco Manuel López Martínez, Fisterra-1960)


Ed. Amastra-N-gallar. Santiago de Compostela, 2014. páx 13-15. Edición non venal.
(Fonte: www.felosdemaceda.com)

Carguizoi, 23 de febreiro de 2019.

viernes, 1 de marzo de 2019

Detrás da néboa o felo (I)

I

RONSEL DOUTRA ARRIBADA

"Detrás da néboa o felo: abica o medo
escorrentando a ingravidez do día.
Novamente outro abismo, outra derrota:
cabelos de muller feitos sedelas
sentindo do ollomol a súa trabada.


Morno brúa o remorso entre os piornos.
Tralo tanxer a adversidade axexa.
Sen nada que escoitar voga o silencio.
Poida que sexa o son a interrogante.
É o esquital ronsel doutra arribada?"

“Detrás da néboa o felo” de Alexandre Nerium (seudónimo de Francisco Manuel López Martínez, Fisterra-1960)

Ed. Amastra-N-gallar. Santiago de Compostela, 2014. páx 9-11. Edición non venal.
(Fonte: www.felosdemaceda.com)

Carguizoi, 23 de febreiro de 2019.