jueves, 8 de febrero de 2018

A gargalladas

"Di tamén que aquela non é terra de xabariles, que xa antes da guerra, cando el cazaba moito por aquela parte, nunca vira ningún, nin sequera no tempo en que os porcos bravos inzaban nos campos próximos de San Lourenzo, onde os paisanos daban batidas para evitar que lles arrasasen as plantacións de millo. (...) Despois ri a gargalladas e o riso escóitase coma un ruído de pratos rotos en toda a rúa."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 114.

No hay comentarios:

Publicar un comentario