viernes, 24 de enero de 2020

Diagnóstico: a terceira vía, nin lobo nin criminal

José Domínguez barallou a posibilidade de que Romasanta no fose realmente responsable das mortes, senón tan só das desaparicións. Xa que o feito de non terse atopado ningún cadáver nin ter existido ningunha testemuña dalgún dos asasinatos abren unha nova vía, xa que non deixa de ser unha hipótese a consideración de Manuel Blanco Romasanta como asasino; el propón a posibilidade de que só se tratase de desaparicións clandestinas na que colaborou, e cando chegou o momento de dar explicacións, optou por unha estratexia na que o considerasen tolo antes de ser condenado.

Ata o ano 1853 na que unha Real Orde establece as condicións para obter pasaportes para marchar do país, a única posibilidade de abandonar unha Galicia atrasada e chea de fame era vía unha emigración clandestina desde certos portos, como Santander ou Ferrol. Todo apunta a que Romasanta non tivo tempo de chegar a Santander coas súas acompañantes e retornar a Rebordechao tan pronto, por iso, pode ser que a opción que tomasen fora a de Ferrol, ou que Romasanta fose un simple “enganche” que as puña en contacto con algunha especie de rede de axentes, que ao servizo de armadores e navieiras, buscaban captar xente por lugares atrasados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario