sábado, 4 de enero de 2020

Diagnóstico psiquiátrico (I)


Eduardo Pérez Hervada no seu libro “El hombre-lobo” (Ed. Celta, 1973, páx. 46) di o seguinte de Romasanta: “Merced a los datos proporcionados, no podría incluirse el acusado entre los psicóticos, pero sí en el grupo de los psicópatas. Le llamaríamos un psicópata criminal y sanguinario, falto de conciencia, perverso, en una palabra, desalmado según la taxonomía de Kurt Schneider y Kraepelin.”

Os facultativos que asinaron o informe médico de Romasanta naquela época, tres licenciados e dous cirurxiáns, atribuían a enfermidade mental aos excesos das facultades intelectuais, que residen no cerebro, e das paixóns, que nacen das vísceras. Proceden a realizarlle unha cranioescopia, posteriormente chamada frenoloxía: o estudo da superficie exterior do cranio para coñecer e determinar as facultades intelectuais, a personalidade e o carácter.

No hay comentarios:

Publicar un comentario