miércoles, 18 de diciembre de 2019

Mortes atribuídas (IV): Antonio, o frade

Pouco despois de marchar de Regueiro comezou a rumorearse que asasinara en Castela un antigo criado do prior de San Pedro de Rocas, en Esgos. Durante o xuízo de Allariz negou telo matado, aínda que recoñeceu telo visto en ocasións por León e Asturias, con tenda de panos e outros xéneros. Chamábase Antonio o Frade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario