lunes, 30 de diciembre de 2019

Diagnóstico folclórico-etnográfico: o lobishome (III)

Para “desenmeigar” ao lobishome hai que sacarlle o meigallo, a fada, arrancándollo do corpo. Pode ser unha bruxa sabia mediante un ritual, ou ben acudindo a un santuario de San Bartolomé ou San Mauro (Sampaio de Abeleda, preto de Castro Caldelas, p. ex.), avogados das xentes contra os ataques do lobos, ou ben de San Pedro Mártir. Por iso Romasanta deixa de estar enmeigado o día de San Pedro de 1852.

A presenza do lobo na tradición popular galega convérteo no principal inimigo do home, nun ser maléfico e ata demoníaco, que infunde medo, e ata pánico, encarnando o mal para as xentes destas terras. Para defenderse del rezará o responso a San Bartolomé, San Bieito, San Antón ou San Mauro. Subirás ás árbores, acenderá lume, tocará latas e argalladas ruidosas...

“Fuxe, rapaz, que ven o home do unto”: a figura do lobishome pasará a ter un papel fundamental para tratar de amedrentar aos cativos xa que no caso de portarse mal poderían ser visitados polo home do unto, ou sexa, o lobishome.

No hay comentarios:

Publicar un comentario