viernes, 15 de noviembre de 2019

Manuela García Blanco (II)

As irmás García Blanco eran fillas de Vicente García e Rosa Blanco. Manuela, Benita e Josefa, todas elas asasinadas por Romasanta. Tiveron, polo menos, cinco irmáns máis: Bárbara, María, Francisco, José e Luís.

Manuela participará frecuentemente na venda ambulante que fai Romasanta, recorrendo en múltiples ocasións xunto a súa filla Petra os pobos máis próximos.

Manuela chegou a saír a vender ela soa polo que en outono de 1846 Manuel quedará encargado da vixiancia da filla como tería sucedido a miúdo. Cando regresa e non atopa a súa filla Romasanta xustifícase dicindo que xa a enviou a Santander a servir cun cura como tiñan falado recentemente que farían. Unha semana despois decide Manuela tomar o mesmo camiño que a súa filla en busca tamén dunha mellor vida. Será nun lugar próximo ao bosque da Redondela, próximo ao camiño que une Rebordechao con Gabín, Fontedoso e Mazaira, xa en Montederramo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario