viernes, 1 de diciembre de 2017

Aquí se deron a man a morte e Eduardo Blanco Amor

"No corazón da rúa Marqués de Valladares, á beira do teatro García Barbón, na porta do Hotel Inffinit (o que foi noutrora o Hotel Nilo), unha placa debería advertir: “Aquí se deron a man a morte e Eduardo Blanco Amor“. Foi un 30 de novembro de 1979. O corazón falloulle na habitación do seu Marienbad vigués e levárono nun taxi, “nada de panos polo cristal, por favor”, á clinica do doutor Toscano, no Calvario, onde finou. No outro extremo da rúa, no número 20, fronte a un soar no que foron achados restos de salinas romanas e pegado a un predio racionalista do arquitecto Francisco Castro, si hai unha placa. “Álvaro Cunqueiro viviu e traballou nesta casa de 1962 a 1981″. Máis nada. Dous escritores, dous amigos, unidos por unha mesma rúa..." 

Fran P. Lorenzo, Da entrada titulada "Cunqueiro, Blanco Amor e a Galician Gay Question", publicada o 28 de agosto de 2013 no blog "Un país en lata".

(Cando Eduardo Blanco Amor faleceu xa era o 1 de decembro de 1979)

No hay comentarios:

Publicar un comentario