sábado, 23 de diciembre de 2017

Acabar en pedrisco

"pois todas as informacións o sitúan na comarca de Vianda do Bolo, onde perpetrou un par de atracos nos últimos meses, sempre en accións rápidas e illadas, sen entidade, que consistiron en roubar dous touciños nunha casa da parroquia de Pinza e unha visita ó mestre das Ermidas para pedirlle información sobre algunhas persoas do lugar. (...)

  El coñece o administrador desde neno. Entrou na casa de Sabucedo despois do desastre provocado pola tormenta do verán de 1915. (...) Dixo aquela frase entre risotadas, debaixo dos carballos da Fontemoura, mentres falaba cun grupo de veciños que facían tertulia á sombra, preocupados por que a calor abafante daqueles días puidera acabar en pedrisco e arrasar as viñas."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 48-49.

No hay comentarios:

Publicar un comentario