jueves, 24 de abril de 2014

Asegún me decían

"Asegún me decían os rapaces de Auria eu resultara falando o andaluz polo moito que contrapeaba miña fala coa súa, e facíanme falar e coñeábanse de min sin o aparentar anque eu dábame conta, e tamén de que xa non falaba andaluz sinón madrileño que se me apegara dispois: "anda la osa, nos ha jodío, vaya leche, oye Ninchi", e eu non tiña culpa, polo cuio facíanme xudiadas, puñéranme "Ninchi" de alcume, e a miña nai dábame chapadas no bo-ca cando chegaba da rúa decindo porcalladas sin o saber, na fala do país que mas adeprendían os rapaces con nomes trabucados..."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Os Biosbardos", páx. 10

No hay comentarios:

Publicar un comentario