lunes, 28 de abril de 2014

A pensar nos biosbardos

"Aquela noite ó deitarme decateime que a lúa ía vella encol de Santa Ladaíña cofeándose no cumio do monte e tardei en coller o sono.

 A miña nai botouse a rir e chamoume lambón e díxome que todo eran argalladas dos rapacetes de Auria, os piores do mundo; e que eu non o sabía por non terme criado alí, e que xa llo tiñan feito a moitos e que algús quedaran pensatibres da bulra durante un tempiño arredándose da xente, así como aloleados, polo cuio cando alguén se aparvaba, fose polo que fose, a xente decía que andaba "a pensar nos biosbardos"."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Os Biosbardos", páx.12

No hay comentarios:

Publicar un comentario