miércoles, 26 de junio de 2019

Querida familia

“Querida familia,

      Á chegada desta agardo que estean todos ben de saúde. Nosoutras moi ben, a Deus grazas. Tanto Benita coma min estamos as dúas moi ben a traballar na casa de dous curmáns que son sacerdotes e que miran por nós e que nos tratan con cristiá decencia, tamén así aos nosos fillos e filla. O certo é que con Manuel veunos Deus a ver e non imaxinades tal sorte que temos de poder comer tres veces ao día, por veces caldo cumprido ou peixe fresco e tamén xamón curado e pan branco, e o que é ter sempre auga limpa e dous reais para comprar un doce ou unhas medias. Falamos moito Benita e mais eu de como desconfiabamos e que bo tempo e bos cartiños levamos de perder entre penso e fago.

  Pouco tempo máis tardaremos en xuntar un carto proveitoso que enviarvos, por agora é mellor que non se faga tal pero si que chegue a nosa felicidade e boa vida e moitos cariños a través da persoa de Manuel, o noso benfeitor.

 Ai, irmanciñas queridas, que pronto nos vexamos, desta ou desoutra banda!

   As vosas irmás que vos queren
    Benita e Manuela”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 74

No hay comentarios:

Publicar un comentario