domingo, 14 de marzo de 2021

Unha lata noitébrega

 "Juan Tallón, o zapateiro de ollos pequenos e mirada pícara, foi tamén un mozo ben pavero, o mesmo que o Eugenio. Non se sabe cómo, un día o Tallón fíxose unha corneta que deu moito que falar, e, sobre todo, moito que facer á Guardia Civil de Vilardebós e doutros sitios. Convén dicir por qué. 

 Todas as noites, logo do seu traballo, o Tallón púñase a tocar a súa corneta no Toural, embaixo dos castiñeiros. Non tocaba nada que prestara. A súa teima era arrincarlle ao istrumento toques de coartel, pero non o conseguía. En verdade, era unha lata noitébrega a corneta do Juan."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 100-101.

No hay comentarios:

Publicar un comentario