martes, 2 de marzo de 2021

Recende

 "Vilardebós recende que dá xenio. Cheira a carne estofada, cheira a cabrito asado, cheira a bo cocido, cheira a sabroso roscón. Fai calor. Un mozo sin chaqueta, de pantalón novo, cinto novo e branca camisa nova, atravesa a rúa con viño tinto en xarra de cristal. Os probes de ocasión mendigan ás portas o pan da caridade; os probes habituás, de cazola na mao, agardan nas escaleiras a sopa fumegante. Nas calles do pobo non mexe ninguén. É o intre de xantar. Polas xanelas abertas saen os reloucos das mesas festeiras. Son as tres da tarde."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 78.

No hay comentarios:

Publicar un comentario