lunes, 8 de marzo de 2021

Os primeiros relevos da memoria

 "Despóis da discusión do Eloi co señor abade, Manoliño metéuse polo Canto do Eixido e colléu carretera acima. Chegou até a Lama, e sentóuse na parede dunha grande finca a cavilar. Era un deses intres tan frecuentes en Manoliño en que pra el Vilardebós non ten presente nin futuro, sinón só pasado; en que todo emerxe pra atrás, en que todo desanda cara os primeiros relevos da memoria, cara os núcleos iniciais da conscencia."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 91.

No hay comentarios:

Publicar un comentario