martes, 21 de julio de 2020

Vicios caros

"Porter sorriu. Estivemos un par de horas arranxando o mundo e, máis tarde, cando o Auriense estaba a piques de pechar, empeñouse en que rematásemos a noite no Barbarela. Resistinme e non accedín. Porter quería convidarme a un whisky e tentear o xénero puteril, pero ata que me encontrase outra vez con Sonia Bouzas non ía poder financiarme os vicios caros aos que ultimamente renunciara."

Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 24-25.

No hay comentarios:

Publicar un comentario