jueves, 8 de agosto de 2019

Enzoufándome na lama

“Espinme e, cando me souben nu, con toda a calma escondín as miñas roupas embaixo dunhas xestas. Logo descubrín unha lameira no medio do camiño e dirixinme a ela. Gustábame sentirme espido. Non berraba, nin acenaba, limitándome a asexa-lo chan, até que descubrín nel as pegadas dunhas pisadas que decontado souben testemuña do paso dos dous lobos que se me apareceran non había moito. Nese momento sentinme atraído  cara á lameira e envorqueime nela, deitándome de costas, antes de me virar a rebolos para que a lama aínda húmida por causa da choiva dos últimos días fora recubrindo o meu corpo.

 (...) Continuei enzoufándome na lama e nun dos meus xiros pareceume ver como me outeaban os dous lobos dende había un anaco, pero non lles fixen caso e continuei solazándome na lameira. Até que de súpeto me vin correndo, lixeiro, desposuído de toda gravidade, a carón dos dous lobos. Corrín con eles...”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 84-85.

No hay comentarios:

Publicar un comentario