jueves, 4 de julio de 2019

Gris cinza, amarelo unto, vermello sangue

“E no camiño de entrada a Portugal hai, moi pretiño da entrada de Chaves vindo desta serra, unhas boticas nas que se custodian, en frasco alto e opaco, remedios para os males todos. Hai que saber que contrasinal dicir cando se peta tres veces na porta traseira, xa mediada a noite, todo escuro, e un ollo pregunta quen vai desde o outro lado. Alí venden apócemas para males de cabeza e do corpo, unturas para o espírito, tónicos e tinturas que poderían arranxar doenzas profundas con só empapar apósitos e deixalos pegados á pel. (...) Pasadas as doce, toc toc toc e quen esperta as ánimas?, e dicir o nome secreto, ábrese un rocho moi escuro e de moita contención. Un cheiro inmundo. Estes boticarios venden, pero tamén mercan. O delito non é este contrabando senón que está na mercadoría. Todo é gris cinza, amarelo unto, vermello sangue.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 40

No hay comentarios:

Publicar un comentario