martes, 30 de julio de 2019

E máis aínda

“Pero este home veu prendido polos gardas desde Castela e negando ser quen era. E foi entrar nos lindes galegos e vir cara a nós e confesar o seu nome e recoñecer nove asasinatos e máis aínda, acusouse de todas aquelas mortes que se lles apuxeran aos lobos nos lugares que frecuentara el por aqueles tempos. E relatou sen tremerlle a voz nin un só momento como dera morte a todas estas persoas, entre criaturas e adultas, como enganou, roubou e se lucrou e todo o fixo baixo unha maldición que lle daba forma física de lobo e que o organizaba nunha pequena manda xunto con outros dous máis, tamén homes e tamén lobos. A súa tranquilidade foi o máis agoniante, as horas que levou a indagatoria, as vistas e o xuízo non lle moveron un só cabelo do seu sitio, en ningún intre se incomodou.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 98

No hay comentarios:

Publicar un comentario