viernes, 12 de julio de 2019

Antonio Gómez, un ninguén

“Foi así, permanecendo de criado durante medio ano, como obtiven un pasaporte baixo ese nome falso, baixo o nome de Antonio Gómez, un ninguén. Conseguino doadamente, facéndome pasar por natural dese lugar, unha aldea veciña á miña de Esgos, o que me permitía falar dela con coñecemento e propiedade, tamén con soltura, referirme a xentes e a leiras, a montes e a camiños, a fontes e regueiros con coñecemento certo e nada dubitativo, mesmo simular un ano máis de idade da que tiña daquela, é dicir, corenta e tres, ser viúvo sen fillos, o que me daba certa respectabilidade, e ocuparme no oficio de cravador de tacholas para os zocos, para o que me desprazaba por Castela, e de aí a causa da miña ausencia. O pasaporte déramo o alcalde de Viana do Bolo.”

Conde, Alfredo.  Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Ed. Sotelo Blanco. 2004. páx. 42

No hay comentarios:

Publicar un comentario